Site icon Crónica3.com A Mariña

Participaran nas “Xornadas gastronómicas da merluza do pincho” 13 establecementos de Burela

BURELA (FNC) .- A concelleira de Mar, Remedios López, está a traballar en perfilar xunto  cos hostaleiros por terceiro ano consecutivo as  xornadas gastronómicas adicadas á merluza do pincho. A edil socialista sinala que “se trata dun dos produtos estrela do porto de Burela. O que tentamos facer, como en anos anteriores, é unha ruta de tapeo polo pobo, facéndoa coincidir co primeiro fin de semana das festas patronais da nosa vila”.

López Villar considera que “deste xeito os días 28, 29 e 30 de maio promocionarase Burela, non só o fermoso pobo pesqueiro senón tamén a súa pesca, inculcando unha vez máis os hábitos tan saudables do consumo do peixe na cidadanía”. A concelleira de Mar estase a poñer en contacto cos hostaleiros  que traballan habitualmente co Concello. Nesta ocasión participan un total de 13 establecementos: Parrillada de Jandro, Mesón do Poeta, La Bodeguilla, Os Remos, O Sargo, Don Jamón, Miranda, Palacio de Cristal, Hamilton, Mesón de Carlos, a Marquesa, A Facenda e Cervecería Kiko, “e tentamos abrir un abanico de posibilidades para captar novos empresarios e que todos os sectores implicados nesta festa aporten o seu grao de area, contribuíndo a mellorar e potenciar este evento”.

Exit mobile version