Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide o PSOE que a delegada da Xunta e o alcalde de Cervo trasladen a Feijóo o malestar dos veciños pola situación da sanidade

Nota de Prensa

ESPERAMOS QUE VILLARES E RAQUEL ARIAS TRASLADEN A FEIJÓO O MALESTAR DOS VECIÑOS DE CERVO POLA SITUACIÓN DA SANIDADE NA MARIÑA
VECIÑOS DE CERVO QUE ASISTIRON AO ACTO DO DÍA DO XUBILADO AMOSARON ANTE A DELEGADA E O ALCALDE DE CERVO O SEU MALESTAR POLO TRATO DA XUNTA Á SANIDADE NA MARIÑA

CERVO, 07 DE MAIO. A delegada da Xunta de Galicia que acudiu o pasado sábado á festa do Xubilado de cervo, poido comprobar de primera mao o malestar dos veciños de Cervo pola forma na que a Xunta de Galicia está a tratar á sanidade da Mariña.

Raquel Arias quixo utilizar un acto cun aforamento de 600 persoas para facer un análisis partidista dos presupostos da Xunta. Unha análise que se basou únicamente en críticar ao goberno central á vez que alagaba as políticas de Feijóo na Mariña. Foi en ese preciso momento cando entre os asistentes  houbo murmullos que posteriormente convertéronse en críticas hacia a delegada provincial.

Faltou ao respeto aos nosos maiores

Para nos, a falta de educación que mostrou Raquel Arias hacia os nosos maiores, só é superada por Alfonso Villares, que non fixo o mínimo esforzo en cortar un discurso, que sorprendeu e molestou a moitos dos nosos veciños presentes na celebración e que non entendian o motivo do improvisado “mitin”. Moitos dos asistentes, sentíronse utilizados e transmitíronno.

O GMS non vai tolerar mais abusos nos actos institucionais

Dende o GMS acabousenos a paciencia e por iso queremos advertir á delegada provincial e a outros cargos do PP, que a próxima vez que veñan a Cervo, sexa para falar de feitos ou de proxectos e non para insultar a intelixencia dos veciños botandolle a culpa dos seus excasos presupostos ao goberno central. Os Cervenses saben distinguir perfectamente lo que funciona bien o lo que funciona mal na mariña e no cocello e quen é o responsable; neste senso, a delegada tivo que escoitar as queixas polo mal funcionamiento da sanidade na Mariña que perciben os veciños; así que, aínda que Raquel Arias quixo vir por “la” a Cervo, e saíu trasquilada.

Exit mobile version