Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos instala cámaras de videovixiancia na dársena para embarcacións menores en Foz

FOZ .- Portos de Galicia no seu compromiso de mellorar a seguridade nas instalacións portuarias, asegura, está levando a cabo como unha das medidas anunciadas polo ente público, a instalación dun circuíto pechado de televisión no porto de Foz na dársena para embarcacións menores. O investimento suporá mais de 16.000 euros.

Nota de Prensa

Esta iniciativa lévase a cabo con fondos do Programa de Investimentos en obras Menores (PIM)

PORTOS MELLORA A SEGURIDADE NA DÁRSENA PARA EMBARCACIÓNS MENORES DE FOZ COA INSTALACIÓN DUN CIRCUITO PECHADO DE TELEVISIÓN

* O circuíto pechado de televisión consiste na colocación dunha cámara fixa que controla o pantalán de embarcacións menores e unha cámara denominada “domo” con 360 graos de movemento

* Está  actuación forma parte do “Programa de servizos tecnolóxicos: Proxecto de instalación de sistemas de videovixiancia, control de accesos e wifi en instalacións pesqueiras”

Santiago, 11 de maio de 2010.- Portos de Galicia, a través do Programa de Investimentos en obras Menores (PIM), e no seu compromiso de mellorar a seguridade nas instalacións portuarias, está levando a cabo, como unha das medidas anunciadas polo ente público, a instalación dun circuíto pechado de televisión no porto de Foz na dársena para embarcacións menores. O investimento suporá mais de 16.000 euros.

Con esta iniciativa, solicitada pola confraría de pescadores, o ente público ten previsto dotar ás instalacións portuarias de modernos sistemas de videovixilancia e control. Neste senso, o sistema de seguridade por medio dun circuíto pechado de televisión consiste na colocación dunha cámara fixa que controla o pantalán de embarcacións menores e unha cámara denominada “domo” con movemento a 360 graos de forma automática segundo as múltiples configuracións do seu software. A centralización da sinal instalarase na oficina portuaria.

Coa colocación deste circuíto a seguridade e vixilancia nocturna e diúrna das instalacións portuarias durante as 24 horas do día se verán melloradas mediante este sistema de vixilancia e control de tal modo que este porto sexa seguros e non se produzan actos que atenten contra a integridade dos barcos e das persoas.

Está actuación forma parte do “Programa de servizos tecnolóxicos: Proxecto de instalación de sistemas de videovixiancia, control de accesos e wifi en instalacións pesqueiras” consistente nun sistema de control de accesos e sistemas de videovixiancia para instalacións e pantaláns coa colocación de cámaras móbiles, control de accesos e puntos de acceso da rede wifi.

Exit mobile version