Site icon Crónica3.com A Mariña

Visita a San Martiño

Organizada pola Asociación Mariña Patrimonio, o pasado domingo tivo lugar unha visita guiada á basílica de San Martiño de Mondoñedo, evento que rexistrou unha nutrida concurrencia de persoas interesadas nos temas históricos e artísticos que atinxen ó noso contorno. Abríu o acto o presidente daquel colectivo, o viveirense Francisco Luis Guerreiro para, a continuación o historiador focego Juan Ramón Fernández Pacio, presidente da Asociación Cultural A Pomba do Arco referir algunhas das peculiaridades do vello cenobio, cedéndolle a palabra a Blanca Besteiro, restauradora que últimamente realizou traballos naquel monumento, producto dos cales foi, entre outros, o descubremento de pinturas murais pertencentes ó século XII que fai delas posiblemente as mais antigas de Galicia. Acerca déstas, Manuel Castiñeiras, que é Xefe da colección de románico do Museo Nacional do Arte de Cataluña e profesor da Historia da Arte, no artigo titulado “Cuando las catedrales románicas estaban pintadas: el ciclo pictórico de San Martín de Mondoñedo al descubierto”, dí: “Estos recientes descubrimientos adquieren una significación muy especial en el contexto del románico gallego, hispánico y europeo, ya que hasta la fecha la historia de la pintura mural en Galicia era más bien parca y entrecortada. De hecho, hasta hace bien poco, los únicos testimonios visibles de pintura mural románica figurada en Galicia eran esos restos pictóricos de la pared meridional de San Martín de Mondoñedo. Los recientes hallazgos han confirmado la complejidad y gran extensión del programa iconográfico de la antigua iglesia de San Martín”. Blanca Besteiro,  refírese ás peculiaridades da realización dos murais da igrexa focega coma “un material mural que nos permtía, coma poucos, acceder, de maneira privilixiada, e averiguar o proceso de execución dos mesmos”.Cada vez que os expertos inciden cos seus análises e investigacións nas pedras milenarias da vella catedral saen á luz consideracións que non fan senon ratificar a transcendental importancia histórica e artística de San Martíño de Mondoñedo.

Suso Fernández

Exit mobile version