Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros pagou aos empregados municipales quen tiñan nóminas sen reparos de intervención

BARREIROS (FNC) .- Xa cobraron os seus salarios do mes de abril 44 dos 50 traballadores do Concello de Barreiros. Agora quedan pendentes as seis nóminas reparadas por intervención. O alcalde, Alfonso Fuente, acaba de asegurar que “mañá xoves se pagarán as seis nóminas que contaban con reparos de intervención, porque segundo a Dirección Xeral de Administración Local non hai fundamento para ter en conta ditos reparos. Mañá levantarei os reparos e eses traballadores cobrarán os seus soldos”.

Resposta ao BNG

O rexedor asegura que “con este impago das nóminas non se está tentando ocultar nada, a min paréceme suficientemente grave que os traballadores se queixen e que despois a situación acabe trascendendo aos medios de comunicación. Si aos señores do BNG non lles parece grave dita situación será unha consideración deles”. Fuente Parga engade que “eu estaba onte máis preocupado diso que de calquera cuestión urbanística, asegúrollo”.

Exit mobile version