Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove acolle o Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica na súa edición dezasete

XOVE .- O sábado 29 de maio vai ter lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XVIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis tradición da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Cultura e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai dar comezo ás 17:30 horas coa presencia de 6 equipos, as Escolas Municipais de: Xove, Lugo, Vilalba, Rábade, Outeiro de Rey e Guitiriz, cunhas 130 ximnastas de prebenxamín a xuvenil.

O Torneo, como é preceptivo, vai comezar antes da hora citada co quencemento e paso previo polo tapiz de tódalas participantes. Ás 17:30 horas vaise abrir coa EXHIBICIÓN “LA GRAN BOLA DE QUESO” a cargo de tódalas alumnas da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove. Rematada a exhibición, vai comezar a competición propiamente dita coa modalidade de conxuntos da categoría pre-benxamín. Continuaremos con conxuntos benxamín, para pasar a continuación ás categorías alevín, infantil, iunior e xuvenil; nestas últimas catro categorías competirase tanto en conxuntos como en individual. Salientamos que na categoría xuvenil imos ter tamén competición en individual masculino, con Jonathan en mazas.

Rematará o Torneo co desfile e a entrega de trofeos e medallas a tódolas participantes, acto que estará presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro.

Exit mobile version