Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove entrega os premios do concurso Letras Galegas 2010

O xoves, 27 de maio, ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, vai ter lugar a entrega de Premios e Diplomas do Concurso Letras Galegas 2010, nun acto que vai ser presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, quen vai estar acompañado polos membros do Xurado. En total vanse entregar 46 premios a alumnos/as do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón. Os premios a cada gañador/a consisten en Diploma Acreditativo e un Lote de Libros en Galego.

Exit mobile version