Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove pon en marcha o programa “Verán xuventude 2010”

XOVE .- O Concello de Xove, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, pertencente á Concellería de Xuventude, ben de por en marcha o Programa “VERÁN XUVENTUDE 2010”, programa basicamente de ámbito estival que se vai desenvolver durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. O público ao que vai dirixido é múltiple e variado, dende nenos/as de 5 ou 6 anos, ata rapaces/as de 35 anos, abarcando todo este arco de idades.

Imos agora indicar as actividades por meses:

XUÑO

ROMARÍA SAN ANTONIO

Vaise celebrar o 13 de xuño, tal como é preceptivo. Trátase dunha actividade para tódalas idades, na que se pode inscribir ata o 11 de xuño no teléfono 982592001 (preguntando por Lucía). A saída da ruta cara o San Antonio vai ser ás 10:00 horas dende o Centro Cívico, habendo dous puntos de encontro, seguindo a Ruta dos Muiños:

10:30 h: Casa do Muiño en Vila

11:00 h: Cruce do Tarolo

TORNEO DE PLAY “PRO 2010

Desenvolverase o 26 de xuño no Centro Xuvenil. Actividade para maiores de 12 anos.

“TEÑO UNHA PREGUNTA PARA VOSTEDE”

O Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, respostará ás preguntas dos rapaces e rapazas do Concello . Esta actividade vaise celebrar o 30 de xuño ás 16:30 horas, e na mesma cóntase coa presencia de rapaces/as de entre 10 e 18 anos.

XULLO

CURSOS DE INFORMÁTICA

Vanse desenvolver do 5 ao 29 de xullo. Están programados dous:

-“MANEXO DE WINDOWS, WORD E INTERNET, dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos, con 2 horas á semana.

-“CURSO DE INFORMÁTICA E INTRODUCCIÓN A PHOTOSHOP” . Destinado a rapaces/as de 10 a 12 anos, con 2 horas á semana.

AQUAPARK CERCEDA

Destinado a rapaces/axs de 13 a 35 anos, vai ter lugar esta visita a Cerceda o 10 de xullo, saíndose de Xove ás 9:30 horas e retornando de Cerceda ás 20:00 horas.

PAINT BALL

Desta actividade vanse celebrar dúas xornadas, unha o 14 de xullo para rapaces de 12 a 16 anos, con saída de Xove ás 16:00 h. e retorno ás 19:30, e outra para rapaces de 16 a 35 anos, co mesmo horario da anterior.

AGOSTO

ACTIVIDADES DE AVENTURA (con acampada en Lago)

Actividade para rapaces/as de 10 a 16 anos, que se vai desenvolver na Praia de Lago os dias 6 e 7 de agosto. Sairase de Xove ás 16:30 horas do día 6 de agosto, para retornar ás 14:00 h. do día 7.

SETEMBRO

OBRADOIRO DE PINTADO CON AREA

Dirixida a rapaces/as a partir de 12 anos, vaise desenvolver esta actividade no Centro Xuvenil o 11 de setembro.

Exit mobile version