Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Pasiño a Pasiño organiza obradoiros e roteiros para o verán en San Cibrao

CERVO .- A Asociación Cultural e Deportiva “Pasiño a pasiño” comunica que o primeiro de varios obradoiros que se van realizar, foi o titulado “Coas Nosas Mans”, contou coa colaboración de Lorena e María como monitor, ademais da asistencia de máis de 40 nenos de San Cibrao.

Este OBRADOIRO é o primeiro dunha serie de dez que se van a realizar entre Xullo e Agosto. É a aposta cultural que desde PASIÑO A PasiÑO queremos achegar ao verán dos nosos fillos en San Cibrao. Mañá mesmo realizaremos o segundo roteiro que nos levará a Río Cobo, onde se recollerán follas e flores para a realización dun libro de botánica, haberá comida campestre e xogos tradicionais.

Con respecto á parte deportiva o xoves día un de Xullo empezarán a impartirse os campamentos de fútbol e de tenis que concluirán no mes de Setembro. Todos os socios poderán inscribirse gratuitamente.

Un programa ambicioso para que os nenos e os non tan nenos gocen dun verán único en San Ciprian.

Exit mobile version