Site icon Crónica3.com A Mariña

A Banda do Norte e a Banda de Música Municipal actuaran nas festas de Burela

BURELA .-  O sábado, 5 de xuño, Banda do Norte ofrecerá un concerto na praza do Concello e, o mesmo día a Banda de Música Municipal de Burela participará na procesión das festas.

Nota de Prensa

O próximo sábado, 5 de xuño, varias bandas de música participarán nas actividades programadas con motivo das festas populares deste ano.

Para comezar, ás 18:00 horas terá lugar na praza do Concello, un concerto a cargo da Banda do Norte, formación musical integrada por bandas do norte galego, entre as que se encontran as bandas de Cedeira, Ortigueira, Guitiriz, Guntín e Burela. O repertorio consistirá en pezas de distintos estilos que van desde obras de tipo sinfónico a arranxos de bandas sonoras e músicas modernas, pasando por pezas tradicionais como pasodebres, xotas e muiñeiras.

Xa ás 21:30 horas, a Banda de Música Municipal de Burela participará na procesión de baixada da Imaxe ao Porto, organizada pola SCR Ledicia.

Máis información sobre a Banda do Norte:

Despois dun primeiro encontro que tiña lugar no marco do II Congreso Internacional de Bandas de Ortigueira do pasado ano, no que participaban rapaces e rapazas de distintas bandas do norte galego, a Banda do Norte reúnese de novo para dar unha serie de concertos nas localidades das bandas que actualmente integran a Federación de Bandas do Norte.

O primeiro destes concertos terá lugar o próximo sábado, 5 de xuño, ás 18:00 horas na Praza do Concello de Burela, no marco das festas patronais que se celebran nesta vila durante o fin de semana. O repertorio consistirá en pezas de distintos estilos que van desde obras de tipo sinfónico a arranxos de bandas sonoras e músicas modernas, pasando por pezas tradicionais como pasodobres, xotas e muiñeiras. Nesta ocasión, a Banda do Norte estará dirixida polo director da Banda de Burela, Roberto Bouça.

A Banda do Norte non constitúe un fin en si mesma, senón que é unha mais das distintas actividades que teñen programadas desde a recén creada Federación de Bandas do Norte, que busca desenvolver un proxecto pedagóxico común para mellorar e dar maior estabilidade ás bandas do norte, que a día de hoxe aínda teñen unha posición periférica con respecto ao epicentro bandístico galego.

Deste xeito, desde a Fedarición darase prioridade a cursos de formación instrumental, intercambios, concertos conxuntos… e outras actividades encamiñadas a mellorar a formación musical, a fomentar o traballo participativo e a potenciar o interese dos rapaces e rapazas que integran as bandas do norte galego.

Os próximos concertos da Banda do Norte serán o 26 de xuño en Guitiriz, o 3 de xullo en Guntín, o 28 de xullo en Ortigueira e o 6 de outubro en Cedeira, e serán dirixidos polos directores das respectivas bandas.

Exit mobile version