Site icon Crónica3.com A Mariña

A brigada de obras do concello de Ribadeo traballa a pleno rendemento explican desde o goberno municipal

RIBADEO (FNC) .- O goberno municipal asegura que toda a maquinaria municipal está no seu posto traballando a pleno rendimento desde que se produciron as riadas. Desde o goberno municipal ribadense recoméndanlle “a Balbino Pérez Vacas que dea algunha volta máis polas parroquias, onde a súa xestión e as súas visitas brilan pola súa ausencia”. E engaden que “a brigada de obras do Concello traballa de xeito intensivo pola mañá e pola tarde para restablecer pouco a pouco a normalidade nos puntos que se viron máis afectados polas inundacións. Desde que chegou a brigada da Deputación de Lugo fomos dos poucos Concellos que puxemos todo o noso persoal e a nosa maquinaria á súa disposición para coordinar da mellor forma posible todo o traballo a realizar”.

Apuntan desde o goberno de Ribadeo que “a nosa pala está facendo tarefas de carga e descarga seguindo as necesidades e as demandas do persoal da Deputación. Hoxe mesmo a pala da Deputación estropeóuse e a nosa está a facer o traballo da avariada e tamén o seu, polo que rexeitamos as críticas verquidas polo señor Pérez Vacas”. O equipo de goberno lamenta que “as máquinas da Deputación veñan tan pouco tempo porque quedan moitas cousas por facer, agardamos que volten pronto a Ribadeo. Valoramos o xesto, pero agardamos que non se quede só neso, nun xesto”.

Exit mobile version