Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG-Ensino denuncia o desmantelamento do ensino para adultos na Mariña

RIBADEO.- A CIG Ensino manifesta o seu rexeitamento á decisión da Consellaría de Educación de reducir drasticamente as ensinanzas de adultos na Comarca da Mariña. Isto e o que se extrae da Orde publicada onte no DOG na que aparecen as ofertas nos diferentes centros de ensino na modalidade de adultos.

A maioría dos centros da Mariña que estaban impartindo as ensinanzas de adultos ven reducida a súa oferta ao cambiarlles o tipo de modalidade presencial pola de a distancia semipresencial. Nesta situación quedan o bacharelato (de humanidades e ciencias sociais) no IES Monte Castelo de Burela, a educación secundaria e o bacharelato (humanidades e ciencias sociais) no IES de Foz e o bacharelato (ciencias e tecnoloxía e humanidades) no IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo. Para a CIG-Ensino, esta decisión vén a confirmar realmente a intención da Consellaría de recortar drasticamente o gasto no ensino público non universitario, principalmente no ámbito rural e de vilas pequenas, mentres segue subvencionando e beneficiando ao ensino privado. A redución do ensino de adultos non ten xustificación porque o número de alumnos/as que asistían a estes cursos era suficiente para seguir manténdoos.

Para a CIG-Ensino as consecuencias desta decisión unilateral da Consellaría van a ser moi negativas principalmente porque levará consigo una redución das horas a impartir de forma presencial en cada modalidade e consecuentemente una redución do profesorado nos centros. Así mesmo, supón o empeoramento dunha educación que se ampara no dereito á formación de aquelas persoas que non tiveron a posibilidade de realizar estudios ou que queren completalos así como para corrixir os riscos de exclusión social dalgúns colectivos. Neste sentido tamén é grave a eliminación de facto das ensinanzas a inmigrantes que se estaban impartindo no Monte Castelo co que un gran número de alumnos/as que asistían a estes cursos non poderán realizalos o curso que vén.

A CIG-Ensino bótalle en cara á Consellaría que esta resolución tomouse totalmente ás costas da comunidade educativa e tanto profesorado como os centros educativos se enteraron da mesma por sorpresa a través do DOG. Rexeitamos pois, esta maneira de actuar da Consellaría de Educación da Xunta de Galiza totalmente ditatorial e que antepón outros intereses aos intereses públicos da educación, algo que ven sendo habitual desde a Consellaría de Educación, como pasou hai poucos días tamén coa eliminación de ciclos formativos ou de comedores escolares.

Exit mobile version