Site icon Crónica3.com A Mariña

A corporación de Cervo aprobou os orzamentos de este ano cos votos do grupo de goberno

CERVO .- A corporación municipal de Cervo aprobou os orzamentos do ano en curso cos votos do grupo de goberno, e prevé un superávit de 247 mil euros para sanear as contas do concello.

NOTA DE PRENSA

A corporación municipal aprobou hoxe os orzamentos co apoio do grupo de Goberno

SETE DE CADA DEZ EUROS DOS PRESUPOSTO DE 2010 VAN DESTINADOS A GASTOS SOCIAIS, EDUCATIVOS, CULTURAIS E DE SEGURIDADE

* Os recortes económicos fixados polos responsables municipais non afectarán a estes servizos

* O superávit de 247.249,96 € previsto neste presuposto amosa a aposta decidida dos responsables municipais polo saneamento das contas locais

Cervo, 25 de xuño de 2010.-  A corporación municipal cervense celebrou esta mañá unha sesión plenaria na cal figuraba entre outros temas a aprobación dos presupostos municipais para o presente exercicio 2010. A proposta económica elaborada polo grupo de Goberno saíu finalmente adiante cos votos favorables do grupo popular, mentres que a oposición votou en contra.

No transcurso do debate a concelleira de Economía, Chelo Gallego, dixo que os orzamentos de 2010 veñen marcados pola aposta “decidida”  do grupo de Goberno de sanear a Facenda local “a través de la continuidad del plan de ajuste económico iniciado el pasado año 2009”. Neste sentido, Gallego puntualizou que esta contención do gasto nas contas municipais non se verán afectados servizos básicos coma os referidos aos servizos sociais, programas educativos, seguridade, cultura ou limpeza. “Nuestra finalidad es procurar eliminar todo gasto superfluo y para eso actuaremos con responsabilidad mediante esta herramienta presupuestaria que se caracteriza por ser realista y adecuada a los tiempos de crisis que estamos viviendo” asegurou a edil cervense na súa intervención.

Entre os aspectos destacados pola responsable da área económica municipal figuran os referidos aos investimentos previstos neste presuposto en Protección Civil (241.803,45 €), Seguridade (186.529,80 €), Servizos de Augas (309.531,83 €), Medio Ambiente (252.629 €), Fomento do Emprego (55.801,56 €), Educación (354.734 €), Cultura (320.888,16 €), Deportes (409.226 €), ou Turismo (174.000 €).

Rebaixa de soldos para garantir servizos

Gallego Prieto afirmou que unha das mostras de contención do gasto reflíctese no aforro xerado pola rebaixa no soldo dos responsables municipais, cuxas cantidades van destinadas a servizos de carácter educativo e social “como por ejemplo a una nueva linea de ayudas para que las familias con recursos económicos limitados que tengan hijos escolarizados en el CEIP Cervo Nº1 puedan llevar a sus niños al comedor escolar; o a las subvenciones del transporte escolar, o a las ayudas para la compra de aparatos de recepción de la TDT a las familias que residen en zonas de sombra del concello”.

Por último a edil popular recordou tamén que o Grupo de Goberno puxo en marcha unha serie de taxas neste último exercicio que so se aplican a grandes empresas como compañías eléctricas, eólicas, ou de telefonía móbil, “no a los más débiles como propugnan las políticas prácticas de la izquierda”.

Mocións nacionalistas aplazadas

Os integrantes do grupo municipal popular, maioritario na corporación, sinalaron que tanto os órganos colexiados municipais coma os responsables locais decidiron non aprazar a sesión plenaria por motivos de xestión administrativa. “De feito, cando convocamos o pleno sabíamos que o señor Balseiro e a señora Lara Méndez non ía poder asistir por motivos persoais e aínda así mantivemos a data de celebración. Sentimos moito que o voceiro nacionalista non puidera acudir e por deferencia a el decidimos pospoñer o debate das mocións presentadas polo seu grupo para o próximo pleno”.

Rebaixa de soldos

Ademais da aprobación dos presupostos, o pleno da corporación tamén aprobou unha segunda rebaixa dos soldos dos responsables municipais nos últimos doce meses. Esta rebaixa de salario afectará ao alcalde (que pasara de cobrar 42.840 euros ao ano a cobrar 39.841) e á concelleira de Medio Ambiente, Servizos Sociais e Protección Civil, Pilar Armada (cuxo soldo pasará de 16.165 euros anuais a 15.355 euros). Ademais da contención nos emolumentos destes dous responsables municipais, o grupo de Goberno local tamén rebaixou as contías económicas pola asistencia aos órganos colexiados do Concello e as asignacións aos grupos políticos. Así, cada grupo político pasará de percibir un compoñente fixo de 1.200 a 40 euros anuais, e un variable en función do número de membros de cada grupo de 400 euros anuais por concelleiro (ata o de agora a contía por este concepto era de 600 euros ao ano). Tamén se fixou unha rebaixa de 100 a 20 euros por asistencia aos plenos.

Fillos adoptivos

A corporación tamén decidiu por unanimidade nomear como fillos adoptivos aos persoeiros Francisco Rivera Casás e Isaac Díaz Pardo.

Exit mobile version