Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación aporta a iniciativa LugO2 para profesionalizar o turismo rural

LUGO .- A Deputación pretende profesionalizar o turismo rural na provincia co programa Lug02. Dentro de esta iniciativa preto de 1.000 establecementos e máis de 100 produtos autóctonos optan ás marcas de calidade Lug02 e Lugosabe, destinadas ás empresas turísticas e de produtos das Reservas da Biosfera e da comarca do Courel

Nota de Prensa

A Deputación profesionaliza o turismo rural na provincia co programa Lug02

– Lara Méndez clausura a xornada sobre a creación de empresas neste sector e na que participaron as principais asociacións empresariais de Lugo

– Preto de 1.000 establecementeos e máis de 100 produtos autóctonos optan ás marcas de calidade Lug02 e Lugosabe, destinadas ás empresas turísticas e de produtos das Reservas da Biosfera e da comarca do Courel

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, clausurou a xornada sobre a a creación de empresas no sector do turismo rural que se desenvolveu este venres no CEI-NODUS. A iniciativa, que se inclúe no marco do programa europeo Lug02 financiado con fondos FEDER, contou coa participación de representantes de asociacións empresariais da provincia, quenes amosaron o seu interese polo porgrama coa que a Deputación demostrou que o medio ambiente é unha oportunidade económica e, sobre todo, pola liña de actuación destinada a mellorar a profesionalización dos negocios vinculados a este tipo de turismo.

Lara Méndez destacou que “ó igual que executamos outras iniciativas como un programa anticrise para a competitividade das PEMES de Lugo ou puxemos en marcha os cursos de formación para que os nosos gandeiros aforren na xestión de residuos do gando, queremos afianzar o turismo rural co fin de crear novos postos de traballo e oportunidades de negocio para os que aposten polo emprego verde.  ”

A Vicepresidenta Segunda explicou que “con este obxectivo puxemos en marcha esta xornada e creamos as marcas Lug02 e Lugosabe e, nestes momentos, 900 establecementos de carácter rual e máis de 100 produtos de 37 Concellos optan a estes distintivos cos que buscamos xerar riqueza coa posta en valor dos recursos naturais e o uso das novas tecnoloxías. O obxectivo é que Lugo sexa un referente en España dentro do turismo rural. Se todos xuntos apostamos pola economía verde non só conseguiremos isto senón que tamén estaremos contribuíndo a que a provincia acade un maior desenvolvemento”.

A marca Lug02 está dirixida a establecementos turísticos como hoteis, balnearios, campamentos, casas rurais, pazos, restaurantes ou comercios. Este distintivo, ademais de rexerse polas Normas de Calidade Turística –ICTE- que avalan servizos óptimos como accesos para persoas con discapacidade, material informativo en todos os idiomas, infraestruturas de calidade ou atención de persoal cualificado, está ligado á implantación das novas tecnoloxías, á conservación do medioambiente e ó impulso dos produtos alimenticios da provincia.

As empresas Lug02 deben garantir a conexión a Internet, favorecer o emprego de fontes de enerxía renovables, reducir a xeración de residuos, o consumo da luz, agua e incluír medidas encamiñadas á educación ambiental e á sensibilización co entorno natural. Este distintivo obriga a ser punto de comercialización de produtos Lugosabe, de alimentos coa Denominación de Orixe, coa Indicación Xeográfica Protexida ou rexistrados no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia –CRAEGA-. Deste xeito, no caso dun restaurante ou dun hotel, deberase incluír no menú o consumo destes produtos e mesmo ter lugares de venda.

A marca Lugosabe ofrece produtos autóctonos sometidos a rigorosas prácticas hixiénicas e de control en toda a cadea de fabricación. O obxectivo desta marca é revalorizar o produto agroalimentario.

Exit mobile version