Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación fai públicas as contratación realizadas nas estradas provinciais

LUGO .- O Deputado da Rede Viaria Provincial, Juan José Díaz Valiño, defendeu a xestión protagonizada polo actual equipo de goberno na contratación das obras que se realizan nas estradas da Deputación, “polo que non temos ningún problema en poñer a disposición pública os expedentes tramitados”. Neste senso, subrliñou que “a nosa xestión nada ten que ver co sistema levado a cabo durante os 24 anos do Partido Popular. Abaratáronse os prezos, o cal redunda nun maior aforro para este organismo, e mellorouse o control das obras”.

A este respecto, o Deputado provincial destacou que “co goberno do Partido Popular o prezo por tonelada de aglomerado ascendía nalgúns casos ós 60 euros. Neste momentos, o prezo que paga a Deputación oscila entre os 38 e os 42 euros, é dicir, nalgúns casos ata reducimos o custe nun 50%. Ademais, fronte ó sistema de zahorra e de rebacheo empregado anteriormente, hoxe aplicamos aglomerado en quente en todas as obras co que nos evitamos ter que estar continuamente reparando a rede viaria”.

Valiño tamén defendeu a profesionalidade dos servizos provinciais, “pero non somos responsables do que fagan os traballadores a título particular”.

Levantamento do sumario

O Alcalde de Castro de Rei tamén amosou a súa tranquilidade ante o levantamento do segredo do sumario ordeado pola xuíza instrutora das supostas irregularidades cometidas pola Corporación municipal na contratación de obras neste municipio. “Teño a conciencia moi tranquila, aínda máis se cabe que cando saín dos xulgados porque agora xa teño coñecemento do sumario e xa o puiden leer na maior parte. Repito e transmito a todos os veciños de Castro de Rei a maior tranquilidade en todo este proceso”. Neste senso, apuntou que “confío na xustiza e desexo imperiosamente que isto remate. Teño o apoio dos veciños e un ten que dar a cara ás duras e ás maduras. Este Alcalde traballou para o Concello e vaino seguir facendo”.

Neste senso, subrliñou que “o sumario avala que a persoa que lles fala e os meus compañeiros non nos vimos beneficiados neste procedemento e nas nosas actuacións non houbo nada ilícito. O que si se demostra é o que eu recoñecín dende o primeiro momento é que este Alcalde sempre pediu transparencia e legalidade e así aparece textualmente no sumario”.

Sobre o suposto beneficio por contratacións a empresas familiares indicou que “o meu desexo é que se xere riqueza na comarca e no Concello de Castro de Rei, polo que é normal que se conviden a empresas da zona. Ademais, esta era a filosofía do Fondo Estatal: beneficiar á pequena e mediana empresa de cada un dos municipios, respectando a escrupulosa legalidade”. A este respecto puntualizou que “en Castro só hai dúas panaderías e pódese comprobar que a da miña familia non levou nin un só céntimo. O lóxico é que un Alcalde pida que as compras do psiquiátrico se fagan no seu Concello”.

Asimesmo, Valiño tamén sublióu que non existe ningún sumario paralelo sobre a suposta ilegalidade de chalés e vivendas “que nunca se chegaron a facer e que ademais non me pediron declaracións ó respecto”. Valiño recalcou que “é máis, este Alcalde anulou dous convenios asinados coa antiga Corporación, afectando un deles a unha cooperativa sen ánimo de lucro, que afecta a 85 veciños de Castro de Rei e da comarca e non a ningún empresario”.

Exit mobile version