Site icon Crónica3.com A Mariña

A estrada da costa

Mentres os nosos políticos se pelexan por temas mais ou menos importantes, sobre todo para eles, por pór un exemplo que si o Helicóptero da
Ministra aterra ou non cos permisos regulamentarios no Hospital da Costa, os sufridos condutores que temos que usar tódalas xornadas a estrada entre Viveiro e San Cibrao vemos como cada dia se deteriora mais e mais sen que ninguén fale nin sobre todo lle poña remedio.
E patético circular entre tanto bache, pero aínda e mais ter que aguantar o esquecemento en que nos teñen sometidos os políticos. Non lles basta con querer deixarnos cunha atención médica terceiro mundista quitando servizos do Hospital Comarcal e desviando intervencións
quirúrxicas a hospitais privados de Lugo.
Temos unha estrada mala de por si pero ademais diso son incapaces de mantela nun aceptable estado de conservación, e para iso non hai desculpa que valla.
Espero que alguén se faga eco diste artigo e saque dia si, dia tamén este tema na prensa, a ver si algún responsable político lle saen as cores da vergoña (si lles queda algo dela) e pon remedio a unha tan lamentable situación.
Lamentable foi tamén no seu dia a reparación que se lle deu a estrada de Viveiro a Cabreiros, onde atopamos ademais dun pésimo firme que se volta perigosísimo en días de chuvia, tramos de ata 12 quilómetros sen posibilidade de realizar un adiantamento. Na Mariña e especialmente nas Terras de Viveiro non podemos seguir sendo os esquecidos deste pais noso. Como poderemos aspirar a ter unhas mellores condicións de vida sen teren ESTRADAS e sen un HOSPITAL coas debidas prestacións sanitarias?

José Ramón Corbelle

Exit mobile version