Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña sumida nun temporal de choiva inundacións e desprendementos

A Ponte, Ribadeo (foto:Faro Norte Comunicación)

Cortouse a travesía de Covas (foto: Raúl Torres)

Rúa Eijo Garay, Burela (foto:Carlos Cortegaza)

A Pontenova (foto:pontenova.es)

A MARIÑA .- Barreiros, Burela, Cervo, Foz e Ribadeo, atópanse saíndo dun inesperado temporal de choiva tras unha fin de semana de verán. Tamén choveu copiosamente, con menos virulencia, no resto dos concellos de A Mariña nos que tamén houbo inundacións e desprendementos. Entre tanto o grupo de apoio loxístico da Axencia Galega de Emerxencias instalouse en Barreiros “para minimizar as incidencias”; o conselleiro de Presidencia visitou A Mariña, tamén o presidente da Deputación, órgano que aportou un dispositivo de 40  operarios e 20 vehículos.
A travesía de Covas, en Viveiro, quedou cortada ao trafico nunha sola dirección e desviouse polo paseo marítimo, pola tarde en ambos sentidos. Desbordouse o río de Covas e en Viveiro o río dos Foles, inundou o asilo e a travesía na zona da estación de autobuses e a oficina de turismo.
En Xove houbo corrementos de terras das obras da vía rápida que cortaron temporalmente a estrada da costa.
En Cervo desbordouse o río Xunco e a estrada da costa, a altura de Espiñeirido, estaba totalmente inundada por mor da choiva e das obras que se están executando dende fai anos.
Rúas de Burela transformáronse en ríos, así Eijo Garay e O Río convertéronse en inesperado cauce. Inundáronse baixos comerciais, cortáronse estradas, e os accesos a vila semellaban lagoas. Susupenderonse as clases nos colexios e na escola infantil.
En Ribadeo tres mulleres tiveron que ser rescatadas para evitar que quedasen illadas en A Ponte. A situación foi especialmente complicada nese lugar e tamén en Covelas, A Devesa e Arante.
En A Pontenova desbordouse o río Turía a altura do Mazo e cortou a estrada que no une con Taramundi.
En Barreiros o máis complicado foi en San Miguel, onde os baixos de varias casas sufriron inundacións. As brigadas traballan para restablecer o acceso a unha vivenda que quedou completamente derruído e os regatos ameazan con desbordarse.

Exit mobile version