Site icon Crónica3.com A Mariña

A publicación mindoniense Amencer dedica un monográfico a Xosé Díaz Jácome

MONDOÑEDO .- Presentouse en Mondoñedo, na aula Losada Quiroga do Real Seminario Conciliar de Santa Catalina, un monográfico que a revista Amencer dedica a Xosé Díaz Jácome, periodista, escritor e poeta, con motivo do centenario do seu nacemento, o 19 de abril de 1910 no barrio mindoniense dos Muíños. No acto participou o delegado de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga.

Nota de Prensa

ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DO MONOGRÁFICO DA REVISTA “AMENCER” DEDICADO A XOSÉ DÍAZ JÁCOME

O número 210 da publicación céntrase neste periodista, poeta e escritor mindoniense con motivo do centenario do seu nacemento, 1910, no barrio dos Muíños

MONDOÑEDO, 22 de xuño de 2010. O Delegado de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu hoxe na aula Losada Quiroga do Real Seminario Conciliar de Santa Catalina á presentación do monográfico que a revista Amencer dedica a Xosé Díaz Jácome, periodista, escritor e poeta, con motivo do centenario do seu nacemento, o 19 de abril de 1910 no barrio mindoniense dos Muíños. Ao acto asistiron, ademais de Antonio Veiga, o director da publicación, Francisco Rivas López, o responsable editorial de Amencer, Félix Villares, o fillo de Xosé Díaz Jácome, Juan Ramón Díaz, e o alcalde de Mondoñedo, o nacionalista Orlando González.

Na súa intervención, o Delegado de Cultura da Deputación lembrou que o poeta, que foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo, pódese encadrar na xeración literaria do 36, e se incorporou ao movemento do Neotrobadorismo da man de Álvaro Cunqueiro, con quen colaborou tras publicar as súas primeiras poesías en xornais locais, á idade de 14 anos. Díaz Jácome publicou na primavera de 1936 “Primeiras cantigas do amor”, un conxunto de oito poemas cun epílogo de Álvaro Cunqueiro e debuxos de Bernardino Vidarte. En 1943 publica un libro de poesías en castelán, e 20 anos despois “Pombal”, editado por Galaxia. En 1983, tamén na editorial Galaxia, ve a luz “Muíño fidel”, o seu derradeiro libro. Leva un limiar de Ramón Cabanillas e un epílogo de Dionisio Gamallo Fierros, con ilustracións de Felipe Criado.

Ademais destes libros, publicou poesías e artigos xornalísticos tanto en xornais como en revistas, e firmaba co seu nome e cos alcumes de “Rosendo Masma” ou “Plácido Argomoso” e “Santiago Lindín”. Por outra banda, Xosé Díaz Jácome é continuador da tradición da Escola Lírica do Nadal en Mondoñedo.

No acto de presentación deste número da revista recitáronse poemas do escritor, e actuou o conxunto Aires do Padornelo como parte da homenaxe a este importante autor mindoniense. A publicación foi elaborada polo alumnado e o profesorado da Escola Poética do Seminario de Mondoñedo, e inclúe unha escolma de poemas inéditos, unha entrevista co seu fillo e colaboracións de Amando Requeixo, Pedro Díaz Fernández, Isidro Fernández Villalba e Félix

Exit mobile version