Site icon Crónica3.com A Mariña

A ría de Ribadeo e o catamarán por Amandi son os destinos máis vistos polos participantes no programa KmO

LUGO .- O programa KmO impulsado pola Deputación acumula 16 mil participantes desde que se iniciou no mes de setembro. As rutas en catamarán por Amandi e a ría de Ribadeo foron os destinos máis demandados por 5 mil persoas

Nota de Prensa

16.000 persoas participaron en Km0 dende que a Deputación iniciou o programa en setembro de 2008

– As rutas “Catamarán por Amandi” e “ría de Ribadeo” continúan a ser as máis demandadas con 5.000 participantes

– Gómez Besteiro recibiu a dúas asociacións de veciños de Lugo e Láncara, quenes coñeceron Os Peares e o Pazo de Tor

Un total de 16.000 persoas participaron no programa Km0. Deputación de Lugo, dende que o organismo provincial iniciou a súa posta en marcha en setembro de 2008. As visitas que seguen a acaparar o maior interese dos participantes seguen a ser as de “Catamarán por Amandi” e “ría de Ribadeo”, de tal xeito, que do número total de participantes, uns 5.000 elexiron estas zonas como destinos das súas rutas.

Polo que se refire ás dúas modalidades do exitoso programa medioambiental, iniciadas en setembro de 2009, o número de participantes na de Xtreme ascende a 500. Neste caso, as rutas máis solicitadas foron as seguintes: A Cabalo, que consiste nun percorrido pola serra de Meira; Móllate, ou o que é o mesmo: vela latina, catamarán, kayak e esquí náutico; Multiaventura, é dicir, tiro con arco, canoas e rastreo; Helicóptero, baseada en voos de quince minutos pola Mariña e Lugo centro; e Lánzate (tirolina).

No caso de Km0 a Compostela, iniciativa coa que a Deputación se converteu na primeira administración cunha programación previa e estable ó Xacobeo, ademais de personalidades da vida social e galega como a alpinista Chus Lago; o ex-xogador de balonceso, Fernando Romay; deseñadores galegos, ou as Cantareiras de Ardebullo; preto de 100 persoas fixeron o Camiño con este pioneiro programa.

A Mariña e a Ribeira Sacra, destinos desta semana

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu esta martes a un grupo da Asociación de Veciños “As Carballeiras” de Bosende (Lugo) e a outro da Asociación de Mulleres Rurais “O Noso Lar” de Láncara dentro de Km0. En total, 266 persoas participan esta semana nas seis rutas organizadas polo programa medioambiental que promove a Deputación.

No primeiro caso, os 36 integrantes da asociación luguesa viaxaron ata a zona sur da provincia, onde coñeceron o Pazo de Tor, o Museo do Ferrocarril e o río Cabe. Previamente, percorreron as instalacións do Centro de Produción de Programas da Fundación TIC. Asimesmo, os 48 membros da asociación de Láncara optaron polo Centro de Interpretación do río Rato e Os Peares. Nesta parte da Ribeira Sacra visitaron o Ecomuseo, o mirador Cabo do Mundo, a igrexa da Cova e a adega Vía Romana. O itinerario tamén incluiu unha percorrido e catamarán pola zona.

O mércores, 55 membros da Asociación Medioambiental “Lugo Verde” do Páramo desprazaranse ata o Concello de Viveiro. Neste municipio visitarán a lonxa de Celeiro, a praia da Cova, o mirador de San Roque e a cerámica Regal. Tamén farán un percorrido polas Insuas de Rábade.

Ese mesmo día, 55 integrantes da Asociación Cultural “Os malugreiros” de Baralla tamén viaxarán ata a Mariña, despois de visitar a oleiría de Bonxe. Concretamente, coñecerán o castelo de San Damián, o casco histórico ribadense e o mosteiro das Clarisas. Completarán a ruta cunha travesía marítima pola ría.

Finalmente, o xoves, 24 membros da peña “Os Larpeiros” de Foz visitarán o Mazo de Santa Comba, a adega Vía Romana e ó mirador do Cabo do Mundo. Tamén farán un percorrido en catamarán pola zona. Asimesmo, 48 integrantes do Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba optarán pola ruta “adegas e miradoiros”, que inclúe unha visita á Fundación TIC, desgustación na adega Algueira, ademais dun percorrido por Proendos e pola igrexa de Cadeiras.

Exit mobile version