Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta pide resposta das administracións para afrontar os danos das ríadas na Mariña

BURELA .- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, apremiou hoxe a tódalas administración a respostar ao ofrecemento da Xunta de Galicia para impulsar a creación dunha comisión que aborde as reconstrucións e reparacións das zonas da Mariña afectadas polas inundacións da pasada semana.

A delegada territorial fixo fincapé hoxe durante unha visita a comarca da Mariña “no convencemento que ten a Xunta da necesidade de crear unha comisión de coordinación entre administracións para abordar as reparacións dos danos existentes na zona”. Arias recordou que o presidente do Executivo galego, Alberto Nuñez Feijoo, xa expuxo este prantexamento de cara a posta en marcha dun grupo de traballo entre a Xunta, Goberno central, Deputación de Lugo, Deputación da Coruña e corporacións locais durante a visita que realizou a comarca o pasado mércores.

Arias xustificou a creación deste grupo de acción en común que reúna as distintas administracións “pola necesidade de axilizar unha resposta o máis eficiente posible tanto para aos concellos como para os particulares” que se viron afectados polas choivas que afectaron a zona costeira de Lugo. “Os concellos e os propietarios privados, polas súas dificultades económicas, son quenes mais precisan agora mesmo do apoio das tres administracións”, subliñou Arias.

Así mesmo, a máxima representante do Goberno galego na provincia considerou que e fundamental “fixar con exactitude os danos e afrontar a reparación dos mesmos “, tal e como se pretende coa comisión que a Xunta xa lle prantexou crear, de xeito oficial días atrás, a tódalas administracións implicadas.

“Tratase de ofrecer unha actuación rápida e, do mesmo xeito, conseguir un gasto eficiente, pero tamén de facilitar un aforro de tramites a os afectados, evitando a perda de tempo en acudir a distintas administracións”, agregou Arias.

A delegada territorial da Xunta destacou que “o Executivo galego, como xa o comunicou o propio presidente hai dous días e como foi aprobado mediante decreto no Consello da Xunta de onte, aprobou destinar unha primeira partida de case 5 millóns de euros”, unha dotación orzamentaria que servira para reparar danos existentes na zona en infraestruturas e en colleitas.

Do mesmo xeito que valorou a importante achega económica oficializada dende o Goberno galego, Arias incidiu na capacidade de resposta ofrecida pola Xunta nos días 9, 10 e 11 de xuño, nos que “un operativo de máis de 200 persoas e abundante maquinaria foi coordinado in situ de xeito ininterrompido, noite e dia, por representantes da Xunta”.

Exit mobile version