Site icon Crónica3.com A Mariña

Ábrese o prazo de admisión aos ciclos formativos de FP no IES Perdouro de Burela

BURELA .- Mañá, xoves 17 de xuño, ábrese o prazo para a solicitude de admisión aos ciclos formativos de Formación Profesional, para o vindeiro curso 2010-2011. O prazo no periodo ordinario rematará o 2 de xullo.

No IES PERDOURO, ofertamos os seguintes Ciclos Formativos

* Ciclo Medio de Instalación de Telecomunicación
* Ciclo Medio de Mecanizado
* Ciclo Medio de Perrucaría
* Ciclo Medio de Xestión Administrativa
* Ciclo Superior de Administración e Finanzas
* Ciclo Superior de Desenvolvemento de Produtos Electrónicos

Como novidade, contaremos cun novo Ciclo Medio, que proporcionará aos alumnos o Título de Técnico en Instalacións de Telecomunicación,

que se adapta aos perfiles profesionais que demandan as empresas do sector, e busca de preparar ao alumnado en aquelas competencias que lle posibiliten a inserción laboral cualificada e unha proxección profesional futura, e dar resposta rápida ao campo profesional e de traballo da realidade socioeconómica galega.

Toda a información ao respecto na seguinte ligazón da web do centro.

Exit mobile version