Site icon Crónica3.com A Mariña

Actos da asociación de Amigos da Maruxaina de San Cibrao para o domingo, día 20

A Asociación Amigos da Maruxaina, con motivo do XXV  aniversario da creación da Festa da Maruxaina, organiza unha xeira de actos este domingo dia 20 e invita a todos que queiran participar nos actos e, sobre todo o Xantar de Irmandade  que se vai  celebrar na carpa situada na Prazoleta de San Ciprián, para que retiren as invitación en locais do pobo ou a través dos directivos da asociación. O programa: 12:00h  Concentración  de maruxainas-os na Prazoleta. 12:30h Inauguración, na Casa da Cultura, da exposición: ”MAruxaina: 25 anos da festa,dunha lenda,deste pobo”. A saída, fronte o Museo, faremos unha foto para lembrar este día e cantaremos o Himno de San Ciprián. 13:00h  na Penameá o son dos cornos e gaitas descubrimento da placa conmemorativa do XXV aniversario obra do maruxaino Ánxel Cao homenaxe en memoria dos-as maruxainos-as que xa non están. Entrega dun  colar maruxaino á nosa nereida nas pedras da Penameá. 14:30h  Xantar de irmandade na carpa situada na Prazoleta.  17:30h Catro vellos mariñeiros acompañarán  á MARUXAINA, que virá desde a Cova de Xan Vello para tomar un papado de queimada con nós. 18:00h O Queimador Maior hanos de preparar unha Queimada para os presentes. Homenaxe as comisións de festas: entrega de figuras da Maruxaina, os presidentes das Comisións de Festas destes XXV anos.

Exit mobile version