Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnas do IES Perdouro no xurado popular do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente

BURELA .- Na XVI edición deste certame de fama internacional, o IES Rosalía de Castro convidou a catro centros educativos a formar parte do xurado popular que determina os gañadores en tres categorías: literatura galega, castelá e estranxeira. Os centros seleccionados nesta convocatoria foron o IES Xulián Magariños de Negreira, o IES de Allariz, o IES do Castro de Vigo, o IES Perdouro.

Nesta ocasión as alumnas de 2º de Bacharelato do IES Perdouro, *Iria Álvarez, Lucía Barrera, Elena Carreiras, Ainara Díaz, Susana Fernández, e Lara Mourelle,* convertéronse en protagonistas á hora de outorgar o galardón literaria do premio Arcebispo Xoan de San Clemente. Foi a ocasión para as alumnas de estimular a súa crítica constructiva e poder compartir a súa oponión asi como debater facendo uso da súa boa comprensión lectora e da súa boa expresión .

Reunido o luns 21 de xuño de 2010 no IES Rosalía de Castro, o xurado fallou ás 13h30 no salón de Actos.

*En lingua galega*, os estudiantes preferiron /Areaquente/ (Ed. Sotelo Blanco), de An Alfaya. Natural de Vigo, estudou na Escola de Formación do Profesorado da súa cidade e obtivo formación como detective privado na Complutense de Madrid. A súa narrativa se caracteriza por unha mirada de tenrura para os máis febles, os nenos, as mulleres, os marxinados, as xentes que non encontraron un espacio digno na sociedade, etc. A autora logrou impoñerse a seus outros dous contrincantes, Domingo Villar, /A praia dos afogados,/ e Xabier Quiroga,/ O cabo do mundo/.

O premio de lingua castelá* recaeu no colombiano William Ospina. A súa novela /El país de canela/ (Ed. Otra Orilla) logrou marabillar ao xurado desta edición. Galardoada co Premio Internacional de Novela Rómulo Gallegos en 2009, a obra é a segunda de unha saga novelistica de Ospina que relata a conquista española. As outras novelas candidatas foron /La noche de los tiempos/, de Antonio Múñoz Molina, e /Puente de Alma/, de Julián Ríos.

Co máximo recoñecemento na categoría de *lingua estranxeira*, o novelista italiano Erri de Luca resultou gañador coa súa obra /El día antes de la felicidad /(Ed. Siruela). O escritor de Nápoles competía con outras dúas grandes plumas, Hanif Kureishi e Siegried Lenz. Os outros candidatos eran o anglo-paquistaní Hanif Kureishi/ /coa novela/ Algo que contarte/, , e o alemán Sigfried Lenz coa súa obra /Minuto de silencio/.

Exit mobile version