Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobada unha proposta do PP para que a autovía do cantábrico poida estar en servizo no 2011

Nota de Prensa

O PPdeG espera que os recortes presupuestarios non afecten a posta en servizo da A-8 “xa que faltan por inverter mais de 100 millóns en 2011 en 32 kilómetros” segundo o voceiro de Infraestruturas Gómez Alonso

O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO PPDEG ADOPTAR AS MEDIDAS NECESARIAS PARA QUE A AUTOVÍA DO CANTÁBRICO POIDA ESTAR EN SERVIZO NO 2011

* Así  mesmo pide que o Ministerio de Fomento retome a redacción do estudio informativo do proxecto de corredor alta velocidade Cantábrico, contratado en 2003, para sometelo a información pública no 2012

* O PPdeG pide garantías de que a A-8 sexa unha autovía libre de peaxe e segundo o deputado popular a xestión dos anteriores gobernos socialistas en Galicia e Asturias provocaron un retraso de 3 a 4 anos para a autovía, cuio prazo de finalización era o 2008-2009

* O deputado popular criticou o feito de que Fomento impulse o AVE Cantábrico-Mediterráneo, en detrimento de Galicia e Asturias

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2010.- O Parlamento de Galicia aprobou , na Comisión de Ordenación Territorial celebrada hoxe, unha iniciativa do PPdeG encamiñada a que no ano 2010 se adopten tódalas medidas necesarias para acelerar a construción das obras co fin de que a Autovía do Cantábrico poida estar en servizo no ano 2011. Na mesma Proposición non de lei, aprobada favorablemente polo BNG e cos votos en contra do PSdG-PSOE, se solicita a Xunta dirixirse ao Ministerio de Fomento para que retome a redacción do estudio informativo do proxecto do corredor de alta velocidade do Cantábrico (Ferrol-Asturias-Cantabria-Bilbao), contratado en 2003, para sometelo a información pública no ano 2012.

O PPdeG espera que os recortes presupuestarios non afecten a posta en servizo da

A-8 “xa que faltan por inverter mais de 100 millóns en 2011 en 32 kilómetros” segundo o voceiro de Infraestruturas, Gómez Alonso, encargado de defender a iniciativa. Para o deputado popular o noroeste español “segue a ser tratado de forma discriminatoria polo goberno do Estado que freou os avances impulsados polo PP en materia de infraestruturas o que vai significar un importante deterioro para as comunicacións co resto das comunidades e con Europa. Asturias e Galicia continúan sen verse comunicadas por unha rede de alta capacidade tras case tres anos de mandato do goberno socialista, tanto se trata de infraestruturas viarias como se de liñas ferroviarias se refire”.

AUTOVÍA LIBRE DE PEAXE

O PPdeG pide garantías de que a A-8 sexa unha autovía libre de peaxe e, segundo o deputado popular, a xestión dos anteriores gobernos socialistas en Galicia e Asturias provocaron un retraso de 3 a 4 anos para a autovía, cuio prazo de finalización era o 2008-2009. Así indicou que a día de hoxe continúa con varios tramos sen concluír, a pesares de que no cumio celebrado no 2006 polos gobernos socialistas de Galicia e Asturias a consideraron prioritaria e acordaron definir unha actuación conxunta co Ministerio de Fomento co fin de que durante o ano 2006 todos os tramos estivesen licitados ou en obras.

AVE ANULADO POLO GOBERNO ZAPATERO

Ao respecto do AVE que uniría 4 comunidades autónomas, 3 países (Portugal, España e Francia) e 7 millóns de habitantes, como é o AVE Transcantábrico o deputado popular indicou que “foi anulado polo goberno do Sr. Zapatero deixando desta forma a cornixa cantábrica fora da conexión directa con Europa”. “Así en xaneiro de 2007 no BOE publicábase a decisión do Ministerio de Fomento de deixar sen efecto as encomendas de xestión efectuadas ao GIF, na actualidade ADIF”  indicou o deputado popular indicando que estas encomendas consistían na licitación dos contratos de consultaría e asistencia para a redacción do estudo informativo dos proxectos dos tramos límite de Asturias con Cantabria-Bilbao , límite de Galicia con Asturias-límite de Asturias con Cantabria e comarca de Ferrol-límite de Galicia con Asturias, así como a licitación do contrato de consultaría e asistencia para a coordinación, prognoses de tráfico e estudos de demanda e económicos dos estudios informativos anteriores.

Gómez Alonso indicou que no 2004 Fomento plantexou dúbidas sobre a execución do proxecto e finalmente a cumbre dos gobernos asturiano e galego no 2006 amosaron unha clara intención de postergar o AVE do Cantábrico sine die e a cumio dos socialistas do Noroeste en Logroño, no 2006, pedían “cantos estudos sexan necesarios para comprobar a viabilidade do proxecto, como se fose inexecutable”. Por último, indicou que os presidentes socialistas de Galicia e Asturias indicaron que AVE Cantábrico non era prioritario e o PSOE rechazou nas cortes unha iniciativa do PP para darlle prioridade “poñendo o punto y final polo momento a cuestión que ven a demostrar unha vez mais que o AVE Cantábrico quedou aparcado definitivamente polo goberno socialista de Madrid” e criticou o feito de que en vez dese Fomento impulsa o AVE Cantábrico-Mediterráneo (Cantabria-País Vasco-Castilla León- Navarra-La Rioja-Aragón y Valencia).

Exit mobile version