Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que quere clarexar os motivos polos que non participa nos actos convocados pola Plataforma Sanitaria

COMUNICADO

O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol quere clarexar as seguintes cuestións:

1º  Que non participou na reunión convocada pola plataforma sanitaria no  día de hoxe por entender que era moito máis importante proceder ao rexistro no  Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela, dunha iniciativa oficial  a través da que se vén a desmentir as informacións difundidas por esta plataforma sobre o futuro da área sanitaria e subliñar a total autonomía e poder de decisión da súa xerencia que terá encomendada a xestión dos recursos económicos, persoal,  subministros, prestacións  e programas do Hospital da Costa  e dos centros de saúde da nosa comarca.

2º  Que o Partido Popular e os seus representantes entenden inapropiado e incoherente participar nos actos convocados desde a plataforma sanitaria dado que nin poden convencernos os falsos argumentos que están  a dar desde este colectivo, nin compartimos as alarmas que ao respecto do futuro do sistema público de saúde pretenden xerar inxustamente na sociedade.

3º  Que desde o Partido Popular, como forza política maioritaria na Mariña lucense, circunstancia obtida grazas á confianza que en nós depositan as veciñas e veciños, quere reiterar o compromiso persoal e político de  cada un dos seus cargos públicos para potenciar e seguir mellorando os servizos existentes no Hospital de da Costa e no conxunto dos centros de saúde, á vez que lamentamos a manipulación que desde organizacións instrumentalizadas por PSOE e BNG se está a  realizar nun asunto tan serio como o que afecta á saúde das persoas.

Exit mobile version