Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausúrase o curso de convivencia e o taller de memoria que se veu celebrando en Barreiros

BARREIROS (FNC) .- Hoxe ás 17 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme terá lugar a clausura do curso de convivencia e do taller de memoria que se veu celebrando desde o pasado mes de outubro e que contou coa participación dunha treintena de veciños.

A concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, lembra que “empezamos esta andadura unhas quince persoas e foi aumentando co paso do tempo ata chegar ás trinta persoas, co que entendemos que a todo o mundo lle gustou. Ademáis nunca houbo faltas dos participantes a esta cita”. A edil popular agradece “a toda a xente a asistencia porque fixeron a convivencia entre todos moi agradable. Este curso clausúrase agora para acondicionar o centro no que se impartía e no que se van poñer novas mesas, novas sillas… pero en outubro empezaremos de novo con actividades máis extensas”.

Ao acto de clausura asistirán a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez e o alcalde, Alfonso Fuente.

Viaxes

A responsable de Cultura anuncia tamén que ainda quedan prazas libres para participar nas viaxes a Santiago e a San Andrés de Teixido que organiza o Concello. Adela Rodríguez explica que “para a viaxe a Santiago de Compostela quedan 4 ou 5 prazas e si algunha persoa está interesada en ir ainda se pode anotar. Esta viaxe é gratuita, a saída será ás 8 da mañá de Casa Panta e faremos as paradas habituais. E para o 23 de xuño temos a viaxe a San Andrés de Teixido, tamén é gratuita ainda que teñen que pagar 13 euros para a comida. Os que queiran ir que se apunten na oficina municipal de información xuvenil ou chamando por teléfono ao 982 124 106”.

Os días 17, 18 e 21 de xuño de 9 a 14 horas os participantes poderán recoller os billetes para a viaxe a San Andrés.

Exit mobile version