Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello entregou os premios “Cervo respecta” coincidindo co día Internacional do Medio Ambiente

CERVO .- Coincidindo co día Internacional do Medio Ambiente tivo lugar o acto de entrega de premios aos gañadores da primeira edición do concurso fotográfico de Medio Ambiente “Cervo Respecta”. As obras estarán expostas no Centro de Cultura e Servizos a Cidadanía de Cervo durante 15 dias e posteriormente faranse con elas unha exposición itinerantes en diferentes puntos do concello.

ENTREGADOS OS PREMIOS AOS GAÑADORES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO DE MEDIO AMBIENTE “CERVO RESPECTA”

* O certame tiña por obxecto conmemorar o Día do Medio Ambiente, que se celebra hoxe

Cervo, 5 de xuño de 2010.- Coincidindo co día Internacional do Medio Ambiente esta mañá tivo lugar o acto de entrega de premios aos gañadores da primeira edición do concurso fotográfico de Medio Ambiente “Cervo Respecta” organizado polo Concello de Cervo. O acto estivo presidido polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e pola concelleira de Medio Ambiente, Pilar Armada.

Na categoría xuvenil (menores 18 anos) o primeiro premio recaeu en Miguel Baltar Fernández, de 14 anos e de San Ciprián, coa obra titulada “Triacastela”, mentres que o segundo premio foi para Aldara Juárez Calleja, de 10 anos e de Rio Cobo, coa foto “Ventana” que sumou un total de 224 puntos.

Na categoría adulta (maiores 18 anos) o gañador foi o xovense Juan Antonio Fernández Vázquez coa instantánea “Presa de Sargadelos e o segundo premio recaeu en Francisco Rodríguez Salgueiro, de Burela, coa obra “Planta do Pé”.

As obras estarán expostas no Centro de Cultura e Servizos a Cidadanía de Cervo durante 15 dias e posteriormente faranse con elas unha exposición itinerantes en diferentes puntos do concello.

O Iº Concurso Fotográfico de Medio Ambiente “Cervo Respecta” púxose en marcha o pasado mes de marzo e tiña por obxecto celebrar o Día do Medio Ambiente, que ten lugar o 5 de xuño. A concellería de Medio Ambiente decantouse pola organización deste evento para que os aficionados á fotografía puideran amosar as súas creacións baseadas na natureza tendo como base o respecto ao medio e á conservación do patrimonio natural.
Otero Regal

Exit mobile version