Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma pola Sanidade chama a mobilización masiva para evitar a volta atrás nos servizos sanitarios

BURELA .- A Plataforma Sanitaria da Mariña anunciou que poñerá en marcha un servizo de autobuses para todas aquelas persoas que queiran acudir a manifestación do vindeiro sábado 26 de Xullo con saída ás 12:00 h do Hospital da Costa. Segundo se anunciou desde a Plataforma os motivos que levou ao colectivo a tomar esta decisión ten a ver co interese de multitude de persoas, particularmente maiores e que carecen de transporte propio, que ao longo destes días se puxeron en contacto con nós e que non tiñan xeito de acudir a mobilización por medios propios. As persoas interesadas en asistir en autobús a manifestación deben anotarse previamente nos teléfonos 982-581861, 982-561001 e 982 129-161 estando previsto a esta altura que haxa autobuses desde todos os Concellos da Mariña.

Os parlamentares da Mariña do PP perderon a ocasión de falar con claridade á cidadanía desta comarca e apoiar as súas demandas.

Na mesma liña os representantes da Plataforma que onte acudiron a Compostela a seguir en vivo no Pleno do Parlamento o debate dunha iniciativa na que se solicitaba o mantemento da Área Sanitaria da Costa así como a posta en marcha e a conseguinte dotación orzamentaria do Plano Estratéxico do Hospital, lamentaron profundamente a posición mantida polo PP en relación coa súa iniciativa sobre a que se manifestaron en contra. Os membros da Plataforma non entenden como a Xunta de Galiza renuncia a asumir compromisos claros en defensa da sanidade e como os representantes do PP se negan a reivindicar para a comarca cuestións tan básicas coma a ampliación real do Hospital da Costa en número de camas, implantación da Unidade de Oncoloxía, ampliación de Hemodiálise, pleno funcionamento da Consulta Maior Ambulatoria, unha Resonancia Magnética fixa, a hospitalización a domicilio, a posta en funcionamento dos servizos de tarde, os aumentos do cadro de persoal e por suposto o reforzo e mantemento de tódolos servizos e unidades existentes tanto de Atención Primaria como de Especializada. Na mesma liña acusaron aos parlamentar da Mariña do Partido Popular, José Manuel Balseiro de traizoar os intereses da cidadanía mariñá e supeditalos aos intereses de partido.

A Plataforma chama a unha mobilización masiva para evitar unha volta atrás nos servizos sanitarios na comarca.

A Plataforma Sanitaria quere aproveitar esta comunicación pública para animar a toda a cidadanía da Mariña a manifestarse o vindeiro sábado dende a certeza que só a mobilización social vai facer posíbel que a sanidade siga a ser unha realidade na mariña e que os avanzos que se teñen dado nesta materia, non se convertan en retrocesos que nos leven 25 anos atrás. Neste sentido queremos recordar que a creación do Hospital da Costa como resposta ás mobilizacións que viviu A Mariña aos finais dos setenta e a posterior posta en marcha do mapa sanitario de Galicia, que deu orixe á creación da Área Sanitaria da Mariña, significou unha mellora substancial da atención sanitaria da Comarca. Non é logo tolerábel, que dun plumazo pretendan remar con todo isto.

Exit mobile version