Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP de Foz que “fiscalizará a xestión do alcalde como xefe do persoal”

NOTA DE PRENSA:
A xustiza obrigou á readmisión dun traballador municipal que tiña un contrato temporal despois de acreditar que realizaba cometidos distintos dos que figuraban no seu contrato laboral.

O PP FISCALIZARÁ A XESTIÓN DO ALCALDE QUE COMA XEFE RESPONSABLE DO PERSOAL DO CONCELLO DE FOZ, BEN REZLIZANDO AO PERSOAL CON CONTRATOS TERMPORAIS, DESPOIS DE TER CONSTANCIA DE SITUACIÓNS IRREGULARES

* Os populares solicitaron á intervención municipal relación dos postos de traballo, tipos de contrato, categoría, duración e antigüidade de todo o persoal contratado temporalmente.

* Os populares no queren ser cómplices da entrada de traballadores temporais laborais a fixos sen a correspondente proba de acceso.

Foz, 12 de xaneiro de 2010.- O Partido Popular de Foz, a través do seu portavoz, Pedro J. Fernández Manín, vén de asegurar que fiscalizarán a xestión do persoal municipal laboral temporal que realice traballos que non correspondan ao se contrato de traballo despois de ter constancia de situacións irregulares que veñen acontecendo neste ámbito. Así por exemplo os populares explican que os Tribunais de Xustiza obrigaron o Concello de Foz á readmisión dun traballador que tiña un contrato temporal, coma laboral indefinido despois de acreditar en xuízo, que viña realizando cometidos distintos dos que figuraban no seu contrato.

Os populares veñen de solicitar en dúas ocasións informacións sobre o cadro de persoal que traballa como temporal no Concello de Foz e a súa vinculación contractual. Nun primeiro momento, en marzo de 2010, a demanda de información non foi atendida, baseándose en que os datos solicitados, eran protexidos. De novo, o pasado 6 de maio, o grupo municipal do Partido Popular de Foz, rexistrou un escrito no Concello demandando agora de intervención relación de postos de traballo, tipo de contrato, categoría profesional, duración dos contratos e antigüidade de todo o cadro de persoal con contratos temporais.

AS COUSAS CLARAS

Os populares queren saber se o rexedor José María García Rivera coma xefe de persoal, podería estar empregando subterfuxios e manobras de dubidosa legalidade para favorecer a determinados traballadores, de tal xeito, que adquiran a fixeza dos seus contratos coma persoal laboral indefinido sen necesidade de concurso oposición e, polo tanto, sen o procedemento previsto na lei para poder acceder a un posto de traballo permanente.

Ao mesmo tempo e sen prexulgar o resultado final das súas investigacións, os populares queren coñecer si o Goberno municipal podería estar vulnerando os dereitos laborais dalgún destes traballadores temporais, ordeandolles facer funcións alleas ao seu contrato, tal e como aconteceu co traballador readmitido.

Exit mobile version