Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PSOE que o goberno do PP de Cervo vota en contra das reivindicación veciñais en defensa da sanidade na Mariña

NOTA DE PRENSA:

O ALCALDE E CONCELLEIROS DO PP DE CERVO VOTAN EN CONTRA DAS REIVINDICACIÓNS VECIÑAIS DA SANIDADE DA MARIÑA
OS 6 INTEGRANTES DO EQUIPO DE GOBERNO DE CERVO NEGAN O SEU APOYO AOS VECIÑOS DE CERVO QUE SE SUMARON Á PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE

CERVO, 25 DE XUÑO. O alcalde de Cervo e o resto de concelleiros do equipo de goberno (PP) votaron en contra da defensa e apoio dunha área de Xestión Integrada Única propia da Mariña, no pleno celebrado hoxe a mañá a petición dos grupos da oposición (PSOE e BNG).
As Persoas maiores, as mais afectadas

A pesar de que unha parte importante da poboación actual de Cervo son persoas maiores, o equipo de goberno parece disposto a non defender aos seus veciños e unha vez mais, Alfonso Villares dará prioridade aos intereses do partido. Cabe recordar que durante a celebración do día do Xubilado, foron moitas as protestas e chamadas de atención ao alcalde e á delegada política da Xunta na provincia, Raquel Arias, con respecto aos desprazamentos habituais que teñen que realizar os veciños de Cervo e de toda a Mariña dende que Feijóo chegou ao poder.

Así, as operacións mais habituais que afectan ás persoas nesta franxa de idade (cataratas, menisco, próstata, etc), están sendo desviadas de forma masiva ata os hospitais concertados de Lugo, tendo os fillos e familiares mais próximos, que demandar varios días no traballo para poder asumir e acompañar os pacientes nas súas visitas, ou no peor dos casos, desprazándose en taxi co conseguinte custe económico.

O alcalde e os concelleiros do PP deixan claro que os veciños non lles importan.

Exit mobile version