Site icon Crónica3.com A Mariña

“Pasada das Cabras” celebra o día do socio o 27 de xuño

A Asociación Pasada das Cabras de Burela, organiza para este Domingo día 27 de Xuño o DIA DO SOCIO. Farase a ruta do Monte Castelo de 10 quilómetros e dificultade media, a saída será as 11 da mañá da Praza da Mariña e o chegar ao Monte Castelo haberá unha comida de confraternidade na explanada totalmente gratuita para os asisistentes. Haberá un sorteo dunha cea e estancia dunha noite no Hotel Vila do Val de Ferreira do Valadouro para dúas persoas. Para asistir á comida é imprescindible recoller o ticket en Gráficas Arfe antes do mércores día 23 de Xuño.

Exit mobile version