Site icon Crónica3.com A Mariña

Implántase no IES Marqués de Sargadelos o Ciclo Superior de Química Industrial

CERVO .- No DOG do día 16 de xuño publicase a Orde do 11 de xuño de 2010 pola que se actualiza a oferta de ciclos formativos para o curso 2010-2011. Nel consta que se implanta no IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao (Cervo) o Ciclo Superior de Química Industrial.

As competencias xerais deste ciclo consisten en organizar e controlar as operación das plantas de proceso químico e de coxeneración de enerxía e servizos auxiliares asociados. Polo tanto formará técnicos superiores capacitados para desempeñar o seu traballo en empresas industriais de toda Europa e con moitas posibilidades de saídas laborais nas industrias galegas e moi especialmente nas da Mariña, como pode ser Alcoa.

Ábrese o prazo ordinario de inscrición dende o 17 de xuño ao 2 de xullo, ambos e dous incluídos. Haberá tamén un prazo extraordinario dende o 1 ao 13 de setembro. Para acceder a este ciclo hai que estar en posesión do título de Bacharelato ou ter aprobada a correspondente proba de acceso a Ciclos Superiores..

A matrícula realizarase nas oficinas da secretario do instituto en horario de 10 a 14 horas. Par máis información poden chamar ao teléfono 982 593100 ou ver a páxina web da consellería.

Exit mobile version