Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 300 persoas viaxan esta semana á Mariña e á Ribeira Sacra con programa Km0 da Deputación

LUGO .- Máis de 300 persoas viaxan esta semana á Mariña e á Ribeira Sacra con programa Km0 da Deputación. Na Mariña visitarán a praia da Rapadoira, o porto de Foz, os hórreos e a capela de San Bartolo,  fábrica de Alcoa, o castelo mariño e o faro de San Cibrao  e farán a ruta as praias.

Nota de Prensa

Máis de 300 persoas viaxarán esta semana á Mariña e á Ribeira Sacra con Km0

O Presidente da Deputación recibiu a veciños de Vilalba e a estudantes do Incio dentro do programa medioambiental

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes a un grupo da Asociación Nausti de Vilalba e a outro do CEIP Ricardo Gasset do Incio no Pazo de San Marcos dentro de Km0. En total, 316 persoas participarán esta semana no programa medioambiental impulsado polo organismo provincial.

No primeiro caso, os 48 integrantes da asociación chairega visitaron o Mazo de Santa Comba e viaxaron ata Os Peares, onde coñeceron o Ecomuseo, o mirador Cabo do Mundo, a igrexa da Cova e a adega Vía Romana. Tamén fixeron un percorrido en catamarán pola zona. Polo que se refire ós 55 estudantes do Incio, logo de percorrer o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC, desprazáronse ata a Mariña. Visitaron a praia da Rapadoira, o porto de Foz, os hórreos e a capela de San Bartolo. Completaron a ruta cun percorrido a pé ata Arealonga.

O mércores, 55 integrantes da Asociación de Veciños “A Ribeira de San Mamede” do Páramo optarán por Ribadeo. No Concello mariñano, visitarán o Castelo de San Damián e o mosteiro das Clarisas. Tamén farán unha travesía marítima pola ría. Ese mesmo día, 48 veciños da Fonsagrada coñecerán o Centro de Interpretación do río Rato para logo desprazarse ata o sur da provincia. Concretamente, visitarán o Ecomuseo, a adeaga Vía Romana, o mirador Cabo do Mundo, a igrexa da Cova, e farán un percorrido en catamarán pola zona.

Finalmente, o xoves, 55 veciños de Castro de Rei redescubrirán a oleiría de Bonxe co programa da Deputación. A continuación, visitarán a fábrica de Alcoa, o castelo mariño e o faro de San Cibrao (Cervo). Pola súa banda, 55 veciños do Páramo farán a ruta “As Praias”, que inclúe unha visita á Fundación TIC, á praia da Rapadoira, ó porto de Foz e á capela de San Bartolo. Tamén farán un percorrido pola costa ata Arealonga.

Exit mobile version