Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Ambiente de Ribadeo pide que no verán non se deposite lixo nos conetedores antes das nove da noite

RIBADEO (FNC) .- Mañá comeza o lavado dos contenedores do lixo (os verdes), segundo ven de anunciar o concelleiro de Medio Ambiente. Horacio Cupeiro pídelles “aos nosos veciños que se absteñan de depositar o lixo ata as nove da noite, como xa pedín con anterioridade, pero estes días si hai alguén que ainda deixaba o lixo pola mañá ou a mediodía que non o faga porque imos proceder ao lavado dos contenedores e iso nos vai provocar un inconveniente que é ter que sacar as bolsas dos recipientes para facer a súa limpeza”.

O edil nacionalista prégalles que “deixen de depositar o lixo durante as mañás e que teñan a forza de vontade de facelo despois das nove da noite para evitar cheiros innecesarios na rúa durante as horas de máis calor”. Os traballos de lavado dos contenedores verdes prolongaranse durante uns 10 días. Cupeiro anuncia tamén que “Urbaser procederá igualmente a limpar os contenedores amarelos ao longodas vindeiras xornadas”.

Exit mobile version