Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros di que o Estado desenténdese dos concellos da Mariña

BARRERIOS (FNC) .- . O alcalde de Barreiros e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfonso Fuente, critica a falla de apoio do goberno central aos Concellos da comarca despois de coñecer o contido da carta que nas últimas horas lle enviaba o Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Para Fuente Parga “a postura do Estado constata que se desentende dos Concellos e dos veciños da Mariña e tamén a falla de compromiso con todos nós. Só están dispostos a facerse cargo dos bens da súa titularidade e aos demais déixannos tirados”. O rexedor barreirense insiste en que “o idóneo sería cfear un fondo entre as tres administracións: Estado, Xunta e Deputación para sufragar os gastos dos Concellos e tamén para axudar aos veciños afectados polas riadas e polas inundacións da semana pasada e así evitarlles ter que andar de administración en administración en busca das partidas correspondentes. Penso que esto é un atraso, o lóxio sería un fondo único e unha única tramitación”.

Alfonso Fuente asegura que “aquí todos víamos ben o entendemento entre as tres administracións. Estamos decepcionados coa visita da ministra do xoves e agora con esta nova que vimos de coñecer. Ao Estado non lle preocupan nin os Concellos nin os veciños da Mariña, e agora teremos que recurrir aos fondos municipios e ao enxeño cos veciños para afrontar esta situación”.

O Concello de Barreiros abrirá o luns unha oficina para axudar nas tramitacións que queiran cursar os seus veciños. O rexedor di que “moito nos tememos que a liña da Deputación sexa a mesma do Estado. Falar dun investimento de 300.000 euros en 10 concellos da comarca non é moi correcto, porque saímos a 30.000 euros, algo que non da nin para arranxar unha ponte nin unha estrada. O que lle pido á vicepresidenta Lara Méndez é máis moderación nos seus comentarios”.

Exit mobile version