Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela falou co xefe territorial de Educación das obras do verán nos colexios

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo un encontro co xefe territorial de Educación para analizar as obras que sería preciso realizar durante o verán nos colexios de Burela e tamén no Cefore.

O rexedor explicou que “hai tempo que tiñamos solicitado este encontro. Nós queremos o mellor para Burela e polo tanto ten que haber fluidez nas relacións e neso estamos. Estivemos a falar da oferta educativa e das obras necesarias para os colexios e para os institutos de Burela. Nos que máis se precisa agora mesmo é onde nós temos responsabilidade que son os colexios Virxe do Carme e Vista Alegre, e tamén falamos dos locales do Cefore que temos aí na rúa Correo, hai que facer unhas obras de adaptación e de melloras”.

Llano engadiu que “falamos un pouco de todo o que nos preocupa en materia educativa. Pensamos que Burela é unha das vilas onde máis oferta educativa existe, queremos seguir nesta liña, queremos ofrecerlles o mellor aos alumnos de Burela e aos da comarca e estamos en boa disposición no Concello e na Consellería de Educación para conseguilo tanto agora como de cara ao futuro”.

Exit mobile version