Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela reuniuse con representantes do persoal laboral para tratar a rebaixa salarial

BURELA (FNC) .- O alcalde, Alfredo Llano, mantivo esta mañá un encontro cos representantes sindicais do persoal laboral fixo do Concello para abordar a rebaixa salarial proposta polo Goberno e o plan de pensións.

O rexedor contou que “na xuntanza abordamos como lles afectará a rebaixa salarial proposta polo goberno. Pensamos que o fará do mesmo xeito que aos funcionarios. E tamén analizamos cómo aplicar o plan de pensións, vanse beneficiar del os funcionarios, o persoal laboral fixo e tamén aqueles traballadores que leven contratados un mínimo dun ano”.

Llano engadiu que “os sindicatos o que nos piden son medidas que axuden a paliar a perda de poder adquisitivo que van sufrir, pero eso terá que se analizado máis adiante”.

Exit mobile version