Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo urxe á Xunta para conta con outra escola infantil

RIBADEO (FNC) .- O alcalde, Fernando Suárez, fíxolle chegar á Xunta a fonda preocupación que hai en Ribadeo pola falla de prazas na escola infantil para acoller a todos os nenos de 0 a 3 anos que as necesitan. O rexedor lembroulle ao xerente do Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar que a Xunta aceptou a cesión dun terreo de propiedade municipal hai meses para construír alí unha segunda escola infantil en Ribadeo.

Suárez Barcia contou que “eu fun alí cunha preocupación moi fonda que temos en Ribadeo e si cadra agudizada por estes números dos últimos días dos pais e nais que non poden levar os seus nenos á gardería pública de Ribadeo porque está saturada. Aínda que as prazas se ampliaron hai tres anos, o certo é que en Ribadeo, como lugar vivo que é, cada vez hai máis xente e máis nenos e nenas que nacen ou que veñen de fora e faise urxentísimo que a Xunta cumpra co compromiso que nós lle arrancamos ao goberno bipartito de crear unha nova escola infantil de 0 a 3 anos, para eso xa vai para dous anos”. O alcalde lembrou que “o Concello acordou en pleno por ampla maioría ceder un terreo propiedade municipal na rúa Paco Lanza para que alí se construíse ese centro. Tempo despois a Xunta aceptou a cesión desa parcela, pero desde daquela, e xa pasou un ano do cambio de goberno, non temos nada”.

O rexedor ribadense confía “nas boas e sinceras palabras do xerente, dixo que tentarán mirar si se pode meter no seguinte plan que se ten que dilucidar antes de que entremos de cheo neste verán de 2010. Confío en que, aínda que as cousas non sexan inmediatas, non se demoren e que dentro de pouco tempo se liciten os proxectos de redacción e máis obras seguidamente. Digo esto porque Ribadeo, con moito respecto para os outros concellos, é un sitio que non perde poboación, hai moita xente nova, os pais e as nais para poder conciliar a vida familiar e a laboral deben ter escolas públicas de 0 a 3 anos e prazas suficientes para poder levar aos seus nenos alí”. Fernado Suárez considera que “despois da ampliación que se lle fixo á gardería actual eso non da máis de sí, non pode ser novamente ampliada porque non hai máis espazo e o que ten que facer agora a Xunta é dunha vez recuperar ese tempo perdido deste ano, confío nas palabras do xerente que aínda que non me puxo data e prazos concretos díxome que eran conscientes da situación de Ribadeo. Os pais están moi preocupados por todo esto”.

O xerente do Consorcio espúxolle ao rexedor de Ribadeo no encontro que mantiveron esta mañá en Santiago os plans da Xunta para a integración de dito Consorcio na Axencia Galega de Servizos Sociais.

Exit mobile version