Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros pide que ao alcalde que non eluda responsabilidades e que arranxe os danos do temporal de 2008

Nota de Prensa

O BNG DE BARREIROS PÍDELLE A ALFONSO FUENTE  QUE NON ELUDA AS RESPONSABILIDADES QUE TEN NO DEFICITARIO MANTEMENTO DA REDE VIARIA LOCAL. E LÉMBRALLE QUE AINDA NON ARRANXOU OS DESPERFECTOS DO TEMPORAL DE NOVEMBRO DE 2008.

Barreiros, 23 de xuño de 2010. Os nacionalistas barreirenses pídenlle ao alcalde, Alfonso Fuente, que non eluda as responsabilidades que ten no deficitario mantemento da rede viaria local. O BNG lémbralle a Fuente Parga que aínda ten sen arranxar os desperfectos do temporal de novembro de 2008, “falamos do caso dos accesos de San Caetano, que desde esa data seguen cortados despois das fortes choivas caídas nesa época. Xa no seu día o BNG denunciou a pasividade do Concello de Barreiros diante deste problema, máxime se se ten en conta que soterradas por este vial discorren as tuberías de abastecemento de auga para todo o concello desde a estación potabilizadora do Masma ata os depósitos xerais de San Caetano. Estas tuberías fican agora á intemperie co conseguinte risco de rotura, o que provocaría moitísimos danos na zona”.

Os nacionalistas critican tamén “a irresponsabilidade do Concello que nin siquera sinalizou nin vallou a zona, polo que os vehículos seguen pasando polo vial derrubado co conseguinte perigo que eso supón”. Para o BNG de Barreiros “non é de recibo que o alcalde eluda as súas responsabilidades no  deficitario mantemento da rede viaria local, escudándose nas responsabilidades doutras administracións, pois a rede viaria local de Barreiros, propiedade do Concello, está atravesando os seus peores momentos das últimas décadas”.

Ao Bloque Nacionalista Galego parécelle “curioso que este abandono no mantemento de pistas e camiños municipais coincida coa chegada á alcaldía de Fuente Parga no 2005. Foron 5 anos desastrosos para a rede viaria local. É curioso tamén que canto máis persoal temos, incluso concelleiro de Obras con dedicación exclusiva, peor estamos. Algo falla na xestión”.

Tamén lembra o BNG que “as actuacións da brigada municipal de obras hai veces que rozan o ridículo coma por exemplo nos últimos bacheos realizados, que en moitos casos xa se iban ao traste ao día seguinte defacer a obra. Algo falla na xestión, pero tamén na dirección política”.

Os nacionalistas barreirense tamén denuncian “os destrozos que moitas empresas promotoras e constructoras produciron nas pistas municipais que foron utilizadas sen ningún control por camións e maquinaria de gran tonelaxe durante a época álxida da construcción en Barreiros. O Concello foi incapaz de esixirlle a esas empresas a reparación deses viais e incluso agora se da a paradoxa de que se lle solicita ás administracións públicas o arranxo deses viais. Isto só pasa en Barreiros. E tamén, na época de bonanza económica e de grandes ingresos no Concello, o goberno do PP foi incapaz de facer algunha inversión importante na rede viaria local”.

Exit mobile version