Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz preocupado polo aumento dos actos de vandalismo no concello

NOTA DE PRENSA

O BNG PREOCUPADO POLO AUMENTO DOS ACTOS DE VANDALISMO NO CONCELLO DE FOZ

Basanta ve necesaria unha maior persecución destes delitos contra os bens públicos

Foz, 3 de xuño de 2010.-  O BNG manifesta a súa preocupación polo aumento de actos vandálicos no Concello de Foz durante estes días nos que se esnaquizaron todas as luminarias dos aparcadoiros da praia de Llas e arrancaron algúns paneis informativos no paseo marítimo. Non hai moito tempo tamén foron rotos e dobrados case todos os farois públicos da Rúa Illa Nova.

Está  claro que estes actos son consecuencia de persoas irresponsables que non teñen consideración polos bens públicos e que é moi difícil controlar todas estas situacións pero tamén é certo que as persoas que cometen estes actos son sempre as mesmas e polo tanto a responsabilidade do Goberno Municipal é estar alerta e poñer todos os medios ao seu alcance para tratar que esto non vaia en aumento.

O BNG condena rotundamente todos estes actos vandálicos contra o mobiliario urbano e demanda do Goberno Municipal unha dilixencia especial que corte de raíz estas “gamberradas” tan prexudiciais para o Concello, tanto desde o punto de vista económico como de imaxe para o pobo.

Exit mobile version