Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Lourenzá levará ao Parlamento unha iniciativa para desbloquear o abastecemento de auga ao polígono

Nota de Prensa

O BNG DE LOURENZÁ  CRITICA A PARÁLISE NO ABASTECEMENTO DE AUGA AO POLÍGONO

Os nacionalistas denuncian as dificultades de desenvolvemento de varias empresas instaladas no Polígono industrial que non contan con subministro de auga

O BNG levará ao Parlamento galego unha iniciativa para tentar desbloquear a situación

Lourenzá, 15 de xuño de 2010. O BNG de Lourenzá trasladará ao Parlamento Galego os problemas de abastecemento de auga a varias empresas instaladas no polígono industrial de Lourenzá que despois de varios anos instaladas, aínda non contan con subministro de auga para o seu normal desenvolvemento. Os nacionalistas critican a pasividade das administracións local e autonómica que está a provocar importantes problemas na actividade de catro empresas instaladas no polígono que despois de facer un importante investimento económico están a soportar créditos bancarios sen poder producir con normalidade pola falta de abastecemento de auga.

Tres anos agardando para contar co subministro de auga que non chega

Os nacionalistas denuncian a despreocupación do goberno local por un tema que e da súa competencia tendo en conta que para o abastecemento de auga ao polígono asinouse un convenio entre Augas de Galiza, XESTUR e o concello de Lourenzá para a execución do abastecemento de auga ao polígono, unhas obras que xa se executaron mais que segundo o propio goberno local, está pendente de trámites administrativos entre o concello e a Xunta para desbloquear a concesión do subministro a estas empresas. Para o BNG, “non e de recibo que cando hai apostas investidoras e xeradoras de postos de traballo en Lourenzá, dende a administración se demore deste xeito un subministro necesario para a súa actividade”.

Os nacionalistas levarán ao Parlamento unha iniciativa para tentar desbloquear a situación

O portavoz municipal nacionalista, Auditor Rodríguez Lombardía, “anunciou a presentación dunha iniciativa no Parlamento Galego que busca o desbloqueo da situación”, para Rodríguez Lombardía “e inaudito ver como mentres hai empresas que se xogan o seu capital investindo en Lourenzá, estes investimentos non se ven acompañados e apoiados polo goberno local que mira cara outro lado mentres estas empresas teñen dificultades para a súa actividade”

O nacionalista fixo mención á espera de mais de dous anos das catro empresas instaladas, “que por falta de auga non poden iniciar actividades previstas nos seus proxectos empresariais despois de ter feito importantes investimentos económicos no concello”

Os nacionalistas esixen ao PP menos palabrería e mais feitos para apoiar o desenvolvemento económico de Lourenzá

O BNG esixiu ao goberno local “mais feitos e menos palabrería, nun contexto como o actual de crise económica apoiar as apostas investidoras en Lourenzá debe ser unha prioridade para o goberno local e o alcalde da a sensación  de que so se dedica ao seu”. Para os nacionalistas o alcalde laurentino está mais dedicado aos seus intereses particulares que a solucionar os problemas dos veciños e das veciñas de Lourenzá.

Exit mobile version