Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG reitera a necesidade de pór en marcha un plan de actuacións contra os efectos dos temporais na Mariña

Nota de Prensa

FERNANDO BLANCO REITERA A NECESIDADE DE PÓR EN MARCHA UN PLAN DE ACTUACIÓNS CONTRA OS EFECTOS DOS TEMPORAIS NA MARIÑA

Santiago de Compostela, 11 Xuño 2010.- O deputado do g.p do BNG Fernando Blanco volveu reclamar hoxe a posta en marcha dun Plan de Actuacións contra os efectos dos temporais que ten padecido e está a padecer estes días a comarca da Mariña.

Fernando Blanco, que visitou onte as zonas máis perxudicadas polas chuvias desta semana e está en contacto con moitos dos afectados: veciños, comerciantes, pequenos empresarios, agricultores, etc, considera que o Parlamento debe retomar unha iniciativa do BNG para instar á Xunta a activar o dito Plan, co obxecto de reducir as perdas ocasionadas.

O deputado nacionalista lembra que xa tentou a activación deste Plan logo do forte temporal de neve de Decembro e do de vento e choiva de Xaneiro, pois máis dunha vez se demostra a falta de previsión da Xunta e se botan en falta actuacións perante a situación orixinada, que vaian máis alá das meras declaracións sobre a “plena operatividade” do dispositivo feitas polo conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

Exit mobile version