Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG solicita que se habiliten liñas de axuda para facer fronte aos danos do temporal

NOTA DE PRENSA:
Jorquera urxe ao Estado a que mellore a canalización na área da A-8

O BNG solicita que se habiliten liñas de axuda para facer fronte aos danos do temporal.

O Bloque Nacionalista Galego esixiu ao Goberno do Estado que habilite unha liña de axudas dirixida a paliar os efectos que na Comarca da Mariña están a provocar as intensas choivas que afectaron á nosa zona na ao longo da xornada de onte e do dia de hoxe e que provocaron importantes danos tanto en infraestruturas públicas, como propiedades privadas, negocios particulares, plantacións e explotacións agro gandeiras.

TEXTO DA PROPOSICIÓN NON DE LEI DO BNG NO CONGRESO

As inundacións que asolaron a Comarca da Mariña de Lugo entre o 9 e o 12 de Xuño provocaron importantes danos materiais e cuantiosas perdas económicas resultando afectados tanto infraestructuras públicas, como propiedades privadas, negocios particulares, plantacións e explotacións agro gandeiras.

As adversas condicións climatolóxicas que colleron a comarca absolutamente desprevenida,ao non existir nos dous primeiros días do temporal ningunha alerta metereolóxica, a falta dun plano de emerxencias, ou as actuación recentes sobre o territorio vencelladas a novas infraestructuras e aos procesos urbanizadores intensivos , que alteraron o cauce normal das augas pluviais, agravaron unha situación que pola intensidade da choiva xa resultaba complicado, se temos en conta que nalgún dos Concellos como Burela rexistráronse máis 150 litros por metro cadrado en 24 horas.

Neste sentido debemos ter en consideración que entre as infraestructuras afectadas atopamos vías de comunicación dependente das diferentes administracións destacando os desperfectos que se teñen producido na rede viaria provincial, dándose a circunstancia de que máis de 12 estradas permaneceron fechadas ao tráfico nalgúns casos con danos importantes, en instalacións dependentes do Ministerio de Fomento, como o caso da vía ferra Ferrol-Gijón que permaneceu fechada entre Ribadeo e Viveiro como consecuencias dos taludes, ou a mesma A-8, así como diferentes estradas da rede autonómica. Mención a parte merece o desbordamento dun número importante de Ríos da zona como o Ouro, o Masma, o Landro, o Centiño, o Eo que nalgún caso se debeu a falta dunha atención deficiente por parte dos organismos públicos a quen lle corresponde a súa conservación.

Na mesma liña debemos referirnos aos danos que se produciron en centos de vivendas da comarca, en centros educativos, en Burela permaneceron fechados o Xoves 18 e o venres 19 por inundacións, en negocios particulares, en centros de traballo, como no Parque Empresarial de Foz, en explotacións gandeiras, así como en plantacións agrarias. Nunha situación económica particularmente delicada nesta Comarca as perdas que se produciron no conxunto de sectores da actividade económica viñeron agravar esta situación, particularmente no sector comercial, tanto de productos perecedoiros como no resto de comercio retallista que veu como moita da súa mercadoría ficaba danada.

Merece unha atención particular o estado no que se atopa a vía ferra na Comarca da Mariña de Lugo polos movementos de terra así como polos desperfectos nalgunhas das súas pontes, os danos que se teñen producido no dominio público marítimo terrestre, os desbordamentos en diferentes puntos do cauce do Eo, na Pontevoa, Ría de Abre e Ribadeo así como os problemas que se ocasionaron nas zonas colidantes cos novos tramos da A-8

1º) O GP do BNG insta ao Goberno do Estado a que coa máxima premura proceda a reparar os bens de titularidade autonómica que foron afectadas por estas inundacións.

2º) O GP do BNG insta ao Goberno do Estado a que habilite un fondo especial para os Concellos afectados a fin de que poidan facer fronte os custes que lles xerou o temporal

3º) O GP do BNG insta ao Ministerio de Fomento a que mellore a rede canalización das augas pluviais nas áreas colidantes aos tramos da A-8.

4º) O GP do BNG insta ao Ministerio de Medio Ambiente a que a Confederación Hidrográfica do Norte proceda á limpeza e restauración do Rio Eo e dos afluentes da súa competencia.

Exit mobile version