Site icon Crónica3.com A Mariña

RegalXunqueira rematou o curso do centro didáctico coa visita de alumnos do IES Vilar Ponte de Viveiro

VIVEIRO .- Distribuídos en dous dias 60 alumnos de ESO do Ies Vilar Ponte de Viveiro participaron nas actividades do Centro Didáctico de RegalXunqueira, baixo a dirección de Otero Regal. Con este actividade clausurase o Centro Didáctico para o curso 2009 – 2010, pretendendo iniciar novamente a actividade co inicio do próximo ano lectivo.

Nota de Prensa

Distribuidos en dous dias, onte 30 e hoxe 60 alumnos de ESO do IES VILAR PONTE de Viveiro participaron nas actividades do CENTRO DIDACTICO de RegalXunqueira baixo a direcion de otero Regal.

Os alumnos asistiron a un pase do documental recentemente estreado TERRA; AUGA E LUME , visitaron os museos de ceramica, coiro, e unha visita explicada da exposicion “Guernika: Unha educacion para a paz”, con obras de Picasso , Quemado, Alejandro Burgos e Otero Regal.

Visitaron igualmente os obradoiros de Regal ceramica, participaron no trascurrir dos mesmos, elaborando cada un deles unha peza de ceramica, que unha vez cocida poderan levar para a sua casa.

Con este actividade clausurase o Centro Didactico para o curso 2009 – 2010, pretendendo iniciar novamente a actividade co inicio do proximo ano lectivo. Durante este curso participou un gran numero de centros de toda Galicia que forman parte do noso Proxecto de colaboracion con Centros docentes de primaria e secundaria de cara a reforzar a premisa : APRENDENDO A EDUCAR A TRAVES DO ARTE.

Exit mobile version