Site icon Crónica3.com A Mariña

O comité de Alcoa manifesta o seu apoio mairitario ás reivindicacións da Plataforma na Defensa da Sanidade

CERVO .- O Comité de Empresa de “ALCOA” acordou manifestar o seu apoio e total adhesión á “Plataforma en defensa da sanidade na Mariña.”

Dende as Centrais sindicais que constitúen o Comité de Empresa de ALCOA trasladamos o apoio maioritario deste comité á reivindicacións da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña. Entendemos inaceptable que se podan reducir servizos sanitarios na nosa comarca así como que se merme a calidade asistencial aos mariñáns e mariñás por recortes orzamentarios na Xunta de Galicia. Non é de recibo que en vez de avanzar, asentar e incluso mellorar os servizos que se nos prestan na asistencia primaria coa paralización do “Plan Mellora” que se suma á parálise nas dotacións tanto materiais como de servizos para o Hospital da Costa que atenden a mais de 72.000 persoas dos 14 concellos da área Sanitaria, estes se vexan recortados e ameazados coa centralización da xestión sanitaria en Lugo, en aras dunha suposta austeridade que noutros ámbitos non se ve, e que por riba teñamos que ser os pacientes os que teñamos que asumir, en constantes viaxes a Lugo, os custes económicos, en tempo e en molestias que esa nova política sanitaria da Xunta xenere.

É inadmisible que teñamos que ser, unha vez máis, os cidadáns de a pe, os traballadores e as traballadoras as que teñamos que pagar os pratos rotos dunha crise que nos non provocamos.

É por isto que, ademais de adherirnos á Plataforma, acudiremos e fomentaremos entre os traballadores e traballadoras da nosa empresa, a presenza masiva na Manifestación que esta convoca para o sábado 26 de xuño en Burela.

Exit mobile version