Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo nega a existencia dun verquido na praia de Rocas Brancas

RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, rexeita as críticas verquidas esta mañá desde o PSOE sobre o estado das praias ribadenses. O edil nacionalista asegura que “as papeleiras de todas as praias se recollen a diario, pero temos que dicir que alguén actuando de mala fé se adica desde hai uns días a esparcir polo chan todos os restos que acumulan esas papeleiras na zona do faro de Ribadeo”.

Cupeiro visitou este mediodía a praia de Rocas Brancas “falei cos bañistas que había alí e ninguén se queixou de cheiros e de verquidos na zona. Eu hai uns minutos vin a auga limpa e sen problema. Non sei si onte puido pasar algo, pero hoxe a situación é de absoluta normalidade. É triste que se produzan este tipo de declaracións desde o PSOE, porque non son máis que unha calumnia”.

Exit mobile version