Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo pide aos veciños que colaboren na limpeza dos espazos públicos

RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente pide aos veciños unha mellora no seu comportamento para que os espazos comúns estean o máis limpos posible.

Horacio Cupeiro manifestou que “hoxe quero pedirlles aos nosos veciños unha nova mellora en canto ás normas de urbanidade, posto que aínda que esteamos en crise o bó comportamento medio ambiental non ten custe algún e sin embargo gústanos ver os espazos comúns o máis limpos posible”. O edil nacionalista comentou que “por iso desde o goberno local pedímoslles que depositemos o lixo a partires das nove da noite en bolsas pechadas e sin buratos para evitar que algún líquido poida saír ao exterior e para que non cheire pola rúa, que continuemos co hábito de seleccionar o lixo, estámolo a facer moi ben como xa comentei noutra ocasión, que depositemos nas papeleiras os papeis, as cabiñas e as pipas e que sexamos responsables como propietarios dos animais, sobre todo dos cans”. Cupeiro lémbralles aos donos dos cans que deben ir amarrados pola rúa tanto de día coma de noite e que non deixen os seus excrementos nas beirarúas, xardíns, prazas, etc…

O responsable de Medio Ambiente engadiu que “a pesares de termos sido galardoados coas bandeiras verdes, como concelleiro gustaríame que se mellorase neste sentido en beneficio de todos os ribadenses”.

Q de calidade

Por outra banda, Horacio Cupeiro recollerá o vindeiro luns en Madrid as dúas Q de calidade que reciben as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas.

Exit mobile version