Site icon Crónica3.com A Mariña

O conselleiro de Educación anunciou en Cervo que se adicarán 300 mil euros ao pavillón do colexio público

CERVO .- O concelleiro de Educación da Xunta de Galicia, visitou o CEIP Nº1 de Cervo en San Cibrao, anunciou que se investirán trescentos mil euros nas obras de ampliación e remate do pavillón polideportivo do colexio de Cervo. Ademais visitou as obras xa feitas de adaptación e accesibilidade a minusvalidos, e así como a ampliación e marcado de prazas de aparcamento. Durante a súa estancia neste recinto escolar estivo acompañado por María do Carmen Fernández Sanjurjo, directora do centro no que están matriculados 98 alumnos e alumnas en 3 unidades de educación infantil e 3 de primaria. Tras a visita Vázquez Abad trasladouse á Casa do Concello de Cervo onde mantivo un encontro co alcalde, Alfonso Villares Bermúdez.
Durante a súa visita o conselleiro, estivo acompañado pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e polo xefe territorial de Educación na provincia, José Jesús Ramos Ledo. Vázquez Abad recordou que con todas as accións desenvolvidas e previstas de execución Consellería continúa a demostrar a súa implicación na mellora das instalacións educativas que teñen como único obxectivo dar o mellor servizo á comunidade educativa.

Nota de Prensa

EDUCACIÓN ANUNCIA UN INVESTIMENTO DE 300.000 EUROS NA MELLORA DO PAVILLÓN DO COLEXIO DE SAN CIBRAO

O conselleiro de Educación visita as obras de varios centros lucenses cun orzamento de preto de 600.000 euros

Xesús Vázquez Abad percorreu as instalacións dos IES Lois Peña Novo e Santiago Basanta Silva, ambos en Vilalba nas que están previstas obras de mellora

Ao longo do día tamén visitou o CEIP nº1 de Cervo (en San Cibrao) e no que está previsto un investimento de 300.000 euros na ampliación e remate do pavillón polideportivo

Durante o percorrido estivo acompañado pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, coa que tamén visitou o concello de Cervo
Lugo, 4 de xuño de 2010.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, realizou ao longo desta mañá unha visita ás instalacións de distintos centros educativos da provincia de Lugo nos que a Administración galega ten orzamentados preto de 600.000 euros en diversas obras.

Así, a primeira hora o conselleiro visitou o IES Santiago Basanta Silva, en Vilalba, xunto ao director do centro, José Manuel Legazpi Trigo. Neste recinto está prevista a ampliación da biblioteca, que dará un mellor servizo aos seus 622 estudantes da educación secundaria obrigatoria repartidos en 32 unidades. A obra, que nestes momentos está tramitándose, ten un presuposto de 140.000 euros. Durante este percorrido Vázquez Abad tamén estivo acompañado polo alcalde do concello lucense, Gerardo Criado, co que comentou as problemáticas educativas de Vilalba.

Posteriormente, Vázquez Abad percorreu o IES Lois Peña Novo, tamén en Vilalba. Neste centro, e acompañado polo director, Javier Arias Quintero, visitou as instalacións susceptibles de ser melloradas nas vindeiras datas, en beneficio dos 273 estudantes distribuídos en 20 aulas, para estudos de bacharelato, educación secundaria para persoas adultas, ciclos formativos e programas de cualificación profesional inicial.

Para todos eles e para o corpo docente do centro están orzamentados preto de 115.000 euros destinados a diversas obras de mellora. Deste xeito continúase coa reparación da cuberta de pizarra, actuación a que se unirán a substitución do falso teito nalgúns dos módulos, e o cambio nos talleres da cuberta de metal por unha de panel sandwich. Ademais, está prevista a construción dun muro de contención e a súa correspondente soleira que permitirá aos estudantes acceder directamente ás aulas de formación, sen ter que facelo a través doutros módulos. Do mesmo modo, con esta mellora os vehículos poderán acceder directamente a estes módulos. Asemade, a soleira xa existente será impermeabilizada cumprindo coa normativa de residuos en vigor.

A mellora do pavillón do CEIP Nº 1 de Cervo

Posteriormente, o titular de educación da Xunta de Galicia visitou o CEIP Nº1 de Cervo (en San Cibrao), anunciou que se investirán trescentos mil euros nas obras de ampliación e remate do pavillón polideportivo do CEIP Nº1 de Cervo. Ademais, Vázquez Abad aproveitou para visitar as obras xa feitas de adaptación e accesibilidade a minusvalidos, e así como a ampliación e marcado de prazas de aparcamento. Durante a súa estancia neste recinto escolar estivo acompañado por María do Carmen Fernández Sanjurjo, directora do centro no que están matriculados 98 alumnos e alumnas en 3 unidades de educación infantil e 3 de primaria. Tras a visita Vázquez Abad trasladouse á Casa do Concello de Cervo onde mantivo un encontro co alcalde, Alfonso Villares Bermúdez.

Durante a súa visita o conselleiro, estivo acompañado pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e polo xefe territorial de Educación na provincia, José Jesús Ramos Ledo. Vázquez Abad recordou que con todas as accións desenvolvidas e previstas de execución Consellería continúa a demostrar a súa implicación na mellora das instalacións educativas que teñen como único obxectivo dar o mellor servizo á comunidade educativa.

Exit mobile version