Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela falará coa conselleira de Traballo dos posibles usos da Casa do Mar

Nota de Prensa

González Barcia reunirase o vindeiro día 24 coa Conselleira de Traballo e Benestar.

Asegura que o bipartito burelés non tén ningún interés pola gardería.

O portavoz popular falará coa Beatriz Mato dos posibles usos da Casa do Mar.

O portavoz do GMPP de Burela, José  María González Barcia, afirmou hoxe que o vindeiro xoves, día vintecatro, manterá unha reunión coa Conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, para tratar vairos temas relativos a Burela que directamente de Mato. A reunion terá lugar á unha da tarde na sede da Xunta en San Caetano.

González Barcia abordará dous temas fundamentais con Beatriz Mato: a posibilidade de facer unha nova gardería ou ampliar a existente, e a remodelación e utilidade da Casa do Mar.

Sobre a primeira cuestión, González Barcia, que recoñeceu a existencia de lista de espera na gardería de Burela, manifestou que o bipartito burelés non fixo nada en tres anos. “O propio bipartito burelés recoñece, nun informe que nos entregaron no pleno do pasado venres, que xa en 2007 había lista de espera, e tamén en 2008. Pero o curioso é que non moveron nin un só dedo coa Xunta bipartita”.

Igualmente, e sobre este mesmo asunto, González Barcia asegurou que “na consellería non consta ningunha petición de entrevista formulada polo concello de Burela para tratar sobre este asunto”. Polo tanto, afirmou Barcia, “limitáronse a mandar o acordo plenario do pasado mes de Decembro, esquecendo a nosa petición de facer un estudio sobre as necesidades para a gardería, ben na Casa do Mar, ben con outro edificio. Se eles non son quen de falar coa conselleira para abordar este tema, terá que facelo o PP”.

Barcia considera que “o bipartito non tén ningunha vontade clara de abordar unha nova gardería ou unha ampliación da actual, porque no seu momento xa lle puñeron pegas a construcción da actual, tamén lle puñeron pegas á ampliación, e xa non digamos á apertura da ampliación. Se tivese vontade de buscar unha solución, xa tería enviado estudios á Xunta e mesmo solicitado entrevistas, e tamén, no caso de que non os recibisen, protestado airadamente na prensa”.

Outro tema que Barcia tén previsto tratar con Beatriz Mato é a utilidade que se lle pode dar á Casa do Mar. Barcia considera que o edificio está  infrautilizado, que tén deficiencias derivadas da súa antigüidade, pero que é un edificio que pode ser útil. Non hai moito tempo, o PP de Burela remitiu á Consellería de Traballo e Benestar a súa opinión sobre os fins que se lle podían dar a este edificio, fins que pasan todos eles por usalo para servicios sociais.

Exit mobile version