Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP calcula que a maioría dos veciños de Foz non foron á manifestación da plataforma sanitaria

Nota de Prensa

A luz dos resultados a posición do rexedor quedou moi debilitada  pois non foron cribles os argumentos empregados sobre o desmantelamento dos servizos sanitarios na comarca

O PP CONSTATA QUE OS VECIÑOS “NON FAN CASO AO ALCALDE” TRAS NON SECUNDAR OS CHAMAMENTOS PARA PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN DA PLATAFORMA SANITARIA

* A belixerancia  e furor reivindicativo de García Rivera vai en función do partido que Goberne a Xunta.

* “Será un Executivo  do PP o que dote a Foz da ambulancia medicalizada que lle negou o bipartito”

Foz, 29 de xuño de 2010.- O Partido Popular, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, vén de salientar que os veciños de Foz na súa maioría non fixeron caso ao  Alcalde, José María García Rivera, tras non secundar, pese aos continuos chamamentos para facelo, a manifestación da plataforma sanitaria que tivo lugar o pasado sábado en Burela

Á luz dos resultados da manifestación -que non foi capaz de encher a céntrica praza da Mariña deste concello veciño, pese a habilitar autobuses procedentes de distintas comarcas de fóra da Mariña, os populares cren que a posición do rexedor municipal quedou moi debilitada, posto que se demostrou que non foron cribles os argumentos sobre o desmantelamento dos servizos sanitarios na comarca empregados polo mandatario de Foz Sr. Rivera.

“Os veciños de Foz si algo teñen claro é a falta de credibilidade do Alcalde en temas sanitarios, que se amosa máis ou menos belixerante e ten máis ou menos furor reivindicativo en función do partido que estea na Xunta”. Consideran ademais especialmente grave que un cargo público sexa capaz de facer afirmacións sobre a perda de servizos do hospital “que non se sustentan en ningún dato obxectivo e que tan só está no imaxinario e no argumentario do PSOE”.

Os populares finalmente,  salientan que os compromisos do PP en materia de Sanidade son certos e  fiables,  e así adiantan que en breve será un Goberno do PP o que dote por fin ao centro de saúde de Foz da prometida ambulancia medicalizada que o bipartito lles negou durante toda a pasada lexislatura,e coa que no último pleno o Sr. Rivera ironizaba dicindo que o P.P. sempre poñía o carro diante dos bois e que o crería cando a vira no centro de saúde.

Exit mobile version